in ,

A Gala dos María Casares 2021 emitirase por Internet celebrando o reencontro do sector teatral galego

GalaMariaCasares |

“Unha gala interxeracional contra as distopías para revindicar a resistencia das artes escénicas e que servirá para festexar os encontros, a convivencia e todo aquilo que nos fai humanos”, así será a gala dos Premios de Teatro María Casares 2021 que se celebrará este xoves día 9 ás 20.00 horas.

Os galardóns organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) chegan a súa 25ª edición, nunha gala que significa un reencontro festivo para o sector teatral tras a suspensión de 2020 e as grandes dificultades que atravesa a escena dende o inicio da pandemia. Con estas liñas mestras, articúlase unha gala dirixida por Chiqui Pereira e Paula Carballeira. “Nos María Casares reivindicaremos o sentido do humor, do xogo e da celebración dos encontros grazas a unha troupe interxeracional  que personifica a resistencia das artes escénicas e tamén a traxectoria do teatro galego”, sinalou Paula Carballeira durante a presentación aos medios.

Carballeira destacou a importancia esencial tanto para as artes vivas coma para a sociedade no seu conxunto da “presencialidade” e da “intelixencia emocional” fronte o “claustrofóbico” que resultan “a virtualidade, a intelixencia artificial ou as pantallas”. Esas son outras das claves presentes nesta gala que transitará entre o humor e a distopía da man dun elenco conformado por actores e actrices de diferentes idades. Casilda Alfaro, Alfredo Rodríguez, Nuria  Sanz, Suso Cortegoso, Alba Bermúdez e Nelu Vermouth serán os intérpretes que protagonizarán unha cerimonia de entrega, cunha escenografía de Suso Montero e a música composta por Nacho Sanz. Ademais, os dramaturgos Carlos Santiago e Clara Gayo realizarán senllas colaboracións especiais mentres que Evaristo Calvo lerá o Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro. Ademais, durante a gala, a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas recibirá o Premio de Honra Marisa Soto.

Publicidade

Retransmisión online

O presidente da AAAG, Xosé Barato, subliña a importancia de recuperar a gala dos María Casares, que por vez primeira se celebraran “lonxe no calendario” con respecto o Día Mundial do Teatro, o 27 de marzo, por mor da pandemia. Dunha pandemia que significou “un gran golpe para todo o sector das artes escénicas”, sinalou Barato antes de  engadir que a gala se poderá seguir en directo a través da Canle de Youtube dos Premios de Teatro María Casares.  A retransmisión será o xoves 9 de setembro e comezará ás 20.00 h.

Trece espectáculos finalistas

En total de 13 espectáculos, competirán en calidade de finalistas por facerse con algún dos catorce galardóns que se entregarán durante a gala dos XXV Premios de Teatro María Casares. A obra A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro, conta cun total de oito finalistas, polo que opta a outros tantos premios. Pola súa banda, Dreaming Juliet, de Elefante Elegante; a obra 32m2, de ButacaZero, e Bailar Agora, de Marta Alonso Tejada, compiten tamén por cinco galardóns. Micropectivas dun marica millennial, de Incendiaria, está como finalista en catro categorías, ao igual que Os nenos da varíola, de Pérez&Fernández, e O Premio, de La Quintana Teatro. O mozo da última fila, de Redrum Teatro, aspira a tres galardóns. Por último, cinco obras optan a un premio: Poeta en Nova York, de Teatro Baixo da Area; A conquista da escola de Madhubai, de Teatro do Atlántico; O libro da selva, de Teatro Avento Producións; Lázaro de Tormes, de Pedras de Cartón, e Ris Ras, de Baobab Teatro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Camino Escena Norte 2021

Camiño Escena Norte levará as artes escénicas por nove municipios galegos

Greenpiss brigada verde |

O FIOT 2021 presenta a súa programación con 11 estreas e máis dun mes de actividades