in

O grupo Mevadeus gaña o Xuventude Crea 2021 de teatro

Mevadeus gaña Xuventude CREA
Foto: Mevadeus

As tres compañías finalistas na categoría de teatro desta edición están formadas por tituladas da ESAD de Galicia.

A compañía de teatro físico Mevadeus resultou gañadora do primeiro premio do certame Xuventude Crea 2021, na modalidade de teatro, coa peza Agro 5G. Nesta mesma categoría, os grupos As Catro, coa peza Que rima con Chomsky?, e Xebra, con Irremediablemente soa, acadaron o segundo e terceiro premio, respectivamente.

É salientable que os tres grupos finalistas desta edición do Xuventude Crea están formados por tituladas e titulados da ESAD de Galicia, e os espectáculos presentados no certame xurdiron dos seus respectivos Traballos de Fin de Estudos. Non é a primeira vez que unha compañía formada por exalumnas da Escola de Arte Dramática presenta os seus traballos no Xuventude Crea, abríndolles, en moitas ocasións, as portas da profesionalización no sistema teatral galego. Son os casos de Pálido Domingo, A Panadaría ou Señora Supina.

Publicidade

Estes premios, organizados por Xuventude Galicia, teñen a intención de favorecer o traballo creativo da xuventude galega, fomentando esta actividade, así como a promoción e difusión da súa obra. Entre as catorce modalidades presentadas, ademais do teatro, están as artes plásticas, a danza moderna, a creación de videoxogos, a moda, o graffiti, a música, a poesía, a fotografía ou a novela curta.

Mevadeus

Mevadeus é unha compañía de teatro físico conformada por catro intérpretes: Mara Neira, Inés Santos, Bal Castro e Brais Pombo. O seu primeiro espectáculo, Agro 5G, naceu coma un Traballo de Fin de Estudos de Intepretación Xestual na ESAD de Galicia dos catro integrantes da compañía. Agora, tras gañar o premio, queren levar este proxecto académico ao plano profesional cun novo nome: Outrora Nós, no que contarán con Alba Villar na dirección e Carmen Casal e María Torres na escenografía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Nós

Sarabela Teatro e Ollo Vivo estrean ‘Semente de Nós’ en Ourense

Teatro do Porvir

O IV Festival ‘Pezas dun Teatro do Porvir’ recibe propostas ata o 1 de novembro