in

Sarabela Teatro e Ollo Vivo estrean ‘Semente de Nós’ en Ourense

Nós
Deseño de José Lameiras

O espectáculo, que poderá verse este venres 29 no Teatro Principal auriense e o sábado 30 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, conmemora o centenario da publicación do Boletín Nós. 

Co gallo do centenario da publicación do Boletín Nós (1920-1936) o pasado ano, Sarabela Teatro e a produtora audiovisual Ollo Vivo presentan esta fin de semana Semente de Nós, un “docu-drama” co que indagar e celebrar a historia desta revista de enorme interese social e cultural.

Este proxecto, que se poderá ver no Teatro Principal de Ourense o venres 29 e no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o sábado 30, “achega e espalla, desde unha perspectiva actual, unha parte representativa do legado inxente de Nós“, segundo as creadoras do mesmo. “Trátase de amosar (con alegría e vontade) á mocidade e á cidadanía de onde vimos, tal e como eles fixeron cos seus coetáneos”, engaden.

Publicidade

O equipo artístico desta proposta na que a danza, a interpretación, o son, a iluminación, as proxeccións e os documentos visuais mestúranse na escena, está liderado por Ánxeles Cuña Bóveda na dramaturxia e dirección e Tito Asorey como codirector. Completan o equipo Laura Iturralde no espazo e na iluminación, Lucía Estévez na dirección e edición da parte audiovisual, Montse Piñeiro nas animacións e Trilitrate no espazo sonoro, entre outros nomes. O reparto de Semente de Nós está conformado por Rosa Puga, Fernando Dacosta, Nuria Sotelo, Fran Lareu, Alberto Medeiros, Santi Cuquejo, Fernando González e Elena Seijo.

Semente |      SementedeNos |

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Escena Galega

Escena Galega organiza a 1ª Xornada Escénica de Promoción Profesional no Gaiás

Mevadeus gaña Xuventude CREA

O grupo Mevadeus gaña o Xuventude Crea 2021 de teatro