in

Escena Galega organiza a 1ª Xornada Escénica de Promoción Profesional no Gaiás

Escena Galega
Encontros profesionais. Foto: Escena Galega

Á cita, que terá lugar na Cidade da Cultura, acudirán unha vintena de programadoras e programadores. O prazo de inscrición de compañías estará aberto ata o vindeiro venres 29 de outubro na web de Escena Galega.

Escena Galega, co apoio económico e colaboración da Xunta de Galicia por medio Agadic e da Cidade da Cultura, organiza a 1ª Xornada Escénica de Promoción Profesional e Venda de Galicia o vindeiro martes 9 de novembro no Monte Gaiás. O prazo de inscrición para compañías está aberto na web de Escena Galega ata este venres 29 de outubro.

Esta nova actividade, que a asociación de compañías profesionais de Galicia pon en marcha como “proba piloto”, trata de crear un espazo profesionalizado de relación entre compañías e profesionais da programación para axudar a facilitar o labor de distribución e venda dos espectáculos, por unha banda, e de contratación dos mesmos, pola outra. A primeira xornada enfócase, sobre todo, na produción e traballos escénicos producidos no segundo semestre do ano e de cara á programación do primeiro semestre de 2022 da Rede Galega de Teatros e Auditorios, pero, tamén, doutras convocatorias coma a da Rede Cultural da Deputación da Coruña a comezos de ano ou de calquera outra programación propia dos espazos: campañas escolares, programacións de Nadal, etc.

Publicidade

A actividade é de balde e diríxese a todos/as os/as profesionais da programación escénica de Galicia, ben sexa en espazos públicos ou privados, e ás compañías profesionais de artes escénicas. A inscrición, que se realiza en dúas quendas e que xa pechou a das programadoras e programadores, aínda ten o prazo aberto para compañías ata o venres desta mesma semana ás 14.00 horas na seguinte ligazón: https://forms.gle/qZhAJiP6Zf7ur2dU9

Programa completo

Mañá
10h. – 10.30h. BENVIDA AOS / ÁS PROFESIONAIS ASISTENTES E INAUGURACIÓN DA XORNADA
10.30h. – 11.30h. DINÁMICA DE PRESENTACIÓN E BENVIDA Guiada polo facilitador Diego Parajó.
11.30h. – 14.30h. ROLDA DE PRESENTACIÓNS PROFESIONAIS RÁPIDAS (15 presentacións de 8 min. + 2’5 min. aproximadamente entre elas)
12.30h. – 13h. (APROX.) PAUSA CAFÉ / NETWORKING

*Realizarase unha pausa café durante a rolda de presentacións.

Tarde
14.30h. – 16h. XANTAR COMPARTIDO / NETWORKING
16h. – 19h. ROLDA DE NEGOCIO: XUNTANZAS RÁPIDAS (máximo 14 xuntanzas de 8 min. por programador/a + 2 ́5 min aproximadamente entre elas + dúas pausas/descanso de 15 minutos).

A xornada terá lugar en distintos espazos da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o martes 9 de novembro de 2021 en horario de 10.00 a 19.00 horas. 

Xorn Venda Banner |
Preme na imaxe para acceder á información completa das xornadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Los Remedios

Los Remedios

Nós

Sarabela Teatro e Ollo Vivo estrean ‘Semente de Nós’ en Ourense