in ,

A Panadaría recibe o Premio Plumas y Látigo 2021 polo seu activismo lésbico na escena

a panadaria

A Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans, Bisexuais, Intersexuales e máis ( FELGTBI+), volve, como cada ano, a entregar os seus Premios Plumas e Látigo. Uns premios que recoñecen o activismo e o compromiso de persoas, organizacións e proxectos co colectivo LGBTIQ+

Este ano, a compañía galega A Panadaría reciben o galardón polo seu incansable traballo desde o activismo cultural lésbico. Xunto elas reciben o premio tamén, a xornalista Noemí López Trujillo, de Newtral, porque desde o seu labor profesional ha desmentido bulos e desinformacións, especialmente sobre as persoas Trans. A actriz, guionista e directora de cine, Abril Zamora, que fixo visible a súa identidade de xénero a través das súas redes sociais, e desde entón demandou unha maior diversidade e máis oportunidades para o colectivo trans nos medios.
Estirando el Chicle, o podcast de comedia que xorde da necesidade de Vitoria Martín e Carolina Iglesias de “salsear” sobre todas as cousas que lles indignan, falando da realidade do colectivo LGTBI+ desde un punto de vista feminista e crítico.

As mencións especiais son para Casal Lambda, Camino Baró, Mila Martinez e Verónica Ruíz. A título póstumo, recibiraa Joana Barrafont.

Nesta ocasión, o látigo concédese aos gobernos de Polonia e Hungría. E é que hai lugares na propia Unión Europea que están a servir de entrada de discursos contra o colectivo LGTBI+. Accións que se traducen en retrocesos legais, como a prohibición do aborto en Polonia, de falar de diversidade sexual nos colexios en Hungría coa súa lei contra o colectivo LGTBI ou coa creacion de “zonas libres de LGTBI+” en Polonia.

A Panadaría

A Panadaría é unha compañía que nace na ESAD de Galicia e que desde o primeiro momento conseguiu enorme éxito. A súa primeria montaxe, Pan! Pan! acadou un importante recoñecemento por parte da profesión e proxectou a carreira de Areta Bolado Ailén Kendelman e Noelia Castro.


Publicidade

A última montaxe, Elisa e Marcela, estreada en 2017, conseguiu o Premio ao Mellor Espectáculo nos María Casares de 2018  e deu a coñecer a historia do primeiro casamento entre dúas mulleres. Con esta obra, A Panadaría fixo un gran número de funcións e continua a facer xira por toda España.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Alejandra Balboa

Alejandra Balboa danza ao son da Orquesta Barroca Vigo 430 no seu peche da xira Xacobeo

Festina Lente

Sobre a necesidade dun teatro comprometido