O Teatro do Noroeste – CDV, a compañía residente do Teatro Municipal Sá de Miranda, celebra hoxe o seu trixésimo aniversario coa estrea dunha nova creación, ás 21.00 horas (hora portuguesa), no Teatro Municipal Sá de Miranda, en Viana do Castelo.
Trátase de Hantígona, con texto e dirección de Guillermo Heras e interpretada polo elenco residente do Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana e das actrices e actores convidados Ana Brandão, Joana de Viana e Pedro Almendra. Esta peza é a creación número 148 da compañía de Viana e vai estar en cartel ata o día 18 de decembro, con sesións hoxe e mañá ás 21.00 horas, e logo os mércores, xoves e sábados ás 19.00 horas, os venres ás 21.00 horas e os domingos ás 16.00 horas (hora portuguesa).
- O Cercle Artístic convoca o Premi Born de Teatro 2026 - 09/03/2026
- O Teatro Gorrilla inicia a súa temporada de 2026 - 06/03/2026
- Paula Quintas estrea ‘ROYAL’ - 06/03/2026



