in

ButacaZero prepara unha peza sobre a figura de Manuel Fraga Iribarne no centenario do seu nacemento

iribarne de ButacaZero
Imaxe promocional de 'Iribarne', ButacaZero.

Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira, directores da compañía ButacaZero, estrearán no 2023 unha peza de teatro político que levará por título Iribarne. O traballo desenvolverase arredor da figura de Manuel Fraga Iribarne, e partirá dunha fase de investigación a través de entrevistas que se desenvolverá ao longo deste ano 2022, no que se celebra o centenario do nacemento do político galego e os dez anos do seu pasamento.

A compañía abrirá este proceso de creación do espectáculo ao público a través das súas redes sociais, cunha serie de improvisacións teatrais que beben da investigación escénica, compartindo, ao tempo, as entrevistas que se realizarán con relevantes figuras do panorama social e político español. O espectáculo parte dunha pescuda arredor da súa vida e o seu percorrido político para chegar a entender non só a figura do político, senón, principalmente, a afectación que tivo e segue a ter no presente. A obra conta con referentes como Ubú rei, de Alfred Jarry, ou La imaginación del futuro, do colectivo teatral chileno La Re-sentida.


Publicidade

Iribarne nace dunha necesidade de descubrir que implicacións ten Fraga no presente. Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira queren facer balance dunha personalidade “particularísima e popularísima” que, en palabras do tándem artístico, “puido ter sucedido a outro galego, Francisco Franco, pero tivo que se conformar con ser o ‘grandísimo presidente dos e das galegas’. Porén, temos a impresión de que polo camiño deseñou non só o que agora é Galicia, senón mesmo o que é España: esa España do turismo, a do destape a dos paradores… Ou o mesmísimo PP”.

Teaser da peza

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Circo de Nadal 2 |

Un novo ‘Circo de Nadal’ estréase en Cangas

Xian Martinez |

O coreógrafo Xián Martínez, camiño de Canadá para unha residencia creativa na EDCM de Montreal