O bailarín e coreógrafo Xián Martínez, director da compañía iXa Universos de Movemento, realizará unha residencia creativa na Escola de Danza Contemporánea de Montreal (EDCM), xunto con outrxs 23 bailarinxs que están alá rematando os seus estudos superiores de danza, e onde desenvolverá a súa próxima creación, Yellow Lemon.
O proxecto nace da colaboración entre diversas institucións quebequesas e de Euskadi, como o Instituto Vasco Etxepare e o Conseil des Arts et des Lettres (CALQ), xunto co Centro de Danza de Gipuzkoa. Ademais, participan a compañía Dantzaz, Tabakalera e a propia École Supérieure de la Danse Contemporeine de Montreal (EDCM).
Os obxectivos principais deste programa, de ida e volta, son promover o desenvolvemento profesional dxs artistas e a difusión do seu traballo, dotándoos de novas ferramentas para o progreso cultural, fomentando o intercambio entre creadorxs.