O Festival de Eurovisión é un espectáculo que foi adquirindo co tempo un forte cariz teatral, quizais por iso o éxito non depende só da música e da canción, senón tamén da súa posta en escena.
Por primeira vez na historia deste popular e masivo evento, un grupo galego consegue posicionarse como aspirante a representar a todo o Estado español, cun tema en lingua galega. Trátase de Tanxugueiras, un grupo de mulleres que fan música de raíz tradicional galega actualizada.
Aida Tarrío e Sabela e Olaia Maneiro, as Tanxugueiras, competirán coa canción titulada Terra mañá, mércores 26, na primeira semifinal do Benidorm Fest. Será o sábado 29 de xaneiro, na final, onde se decidirá quen vai defender a representación estatal en Eurovisión 2022.
Para a posta en escena, únense ao equipo artístico das Tanxugueiras, o coreógrafo e bailador Fran Sieira, en cuxa compañía de danza tamén actúa Aida Tarrío, a iluminadora, escenógrafa e videocreadora, Laura Iturralde, que asume a dirección artística; e a artista visual e videocreadora Marta Verde.
- O festival internacional Galicia Magic Fest está a celebrar a súa novena edición - 03/01/2026
- Falece o actor Miquel Insua - 31/12/2025
- ButacaZero despide ‘IRIBARNE’ - 30/12/2025



