in

Elahood estrea ‘NÓ’ no Concello de Oleiros

foto Iria casal lamata scaled |
Imaxe de Iria Casal Lamata

, o novo espectáculo da compañía de danza Elahood, estréase mañá, venres 18 de febreiro, no Auditorio Gabriel García Márquez do Concello de Oleiros, ás 20.30 horas. A peza, coproducida polo Centro Coreográfico Galego e que contou tamén co apoio do Concello de Oleiros e da Asociación Cultural Manicómicos, é unha proposta de danzas urbanas baixo unha mirada de creación contemporánea creada para teatros e auditorios.

tivo como punto de partida a seguinte frase: “Teño algo importante que dicir pero aínda non sei o que é” e o traballo quere convidar o público a unha viaxe onírica, estirando e deformando o significado do que é importante. Baixo un filtro de ironía e fantasía, a compañía busca deixar ver pegadas do debate actual que atende a deconstrución de xénero e a conciencia de clase.

O espectáculo conta coa estética máis característica de Elahood: unha danza precisa, limpa e extremadamente coordinada; continuando coa aposta por unha linguaxe visual e coidada, ademais de incorporar tamén a presenza do texto e da voz.


Publicidade

é  proposta escénica contemporánea que invita á reflexión colectiva das preocupacións actuais.

Onde reside a importancia do importante? Debemos subirnos a un escenario sempre coa responsabilidade de defender un discurso?

Ficha artística

Dirección: Sabela Domínguez, Julia Laport e Kenrick Sandy
Coreografía: Sabela Domínguez, Julia Laport e Aina Lanas.
Dramaturxia: Gena Baamonde e Elahood.
Interpretación: Julia Laport e Sabela Domínguez.
Espazo sonoro: LLXNTO e Bruno Baw.
Deseño de iluminación: Afonso Castro.
Escenografía e atrezzo: Anahí Taraburelli.
Audiovisual: Iria Casal.
Produción: Sabela Ramos e Elahood.
Acompañamento na xestión: Manu Lago.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Pilar Portela. Nova directora do Centro Coreográfico Galego e coordinadora do Departamento de Música e Danza da Agadic.

Pilar Portela é a nova directora do Centro Coreográfico Galego e coordinadora do departamento de música e danza da Agadic

A illa da deslembranza de Ártika Cía.

Ártika Cía estrea ‘A illa da deslembranza’