Producións Teatrais Excéntricas estrea mañá, xoves, 31 de marzo, no Teatro Principal de Ourense a súa nova montaxe, O porco de pé, a partir do texto homónimo de Vicente Risco, cunha segunda función o venres. A peza é un teatro de barracón: un farol, un chan de serraduras, unha cortina vermella e, de súpeto, aparece o porco en elegante pose de equilibrista a sosterse sobre os pés, a finxirse un ser humano con tanta graza, que resulta imposible distinguilo.
Para Excéntricas, a sátira de Risco ten hoxe en día máis vixencia que nunca, e nesa viaxe á década dos anos 20 do século pasado pasarán “anarquistas, esportistas, agraristas, proxenetistas, golpistas, vanguardistas, caciquistas, futuristas, pasadistas e presentistas”.
O elenco da montaxe está formado por Patricia Vázquez, Victor Mosqueira e Evaristo Calvo. Detrás da arte plástica da peza está Carlos Alonso; no mundo sonoro, Piti Sanz; na luz, Octavio Mas, e na dramaturxia Pepe Sendón e Quico Cadaval. Na parte gráfica, están Javier de la Rosa no deseño, Sabela Eiriz na fotografía e Natasha Lelenco no vídeo.
Despois das dúas funcións en Ourense, O porco de pé percorrerá os seguintes lugares nas seguintes datas:
- 02 de abril no Salón Teatro de Lalín
- 03 de abril no Auditorio Municipal do Rosal
- 07 e 08 de abril no Teatro Principal de Santiago de Compostela
- 21 de abril no Auditorio Gustavo Freire de Lugo
- 22 de abril no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras
- 30 de abril no Auditorio Municipal de Rianxo
- 02 de maio no Auditorio Municipal de Rianxo (función para centros de ensino de 4º ESO a 2º Bacharelato)
- 07 de maio no Auditorio Municipal da Illa de Arousa
- 09 de maio no Auditorio Municipal da Illa de Arousa (función para centros de ensino de 4º ESO a 2º Bacharelato)
- 14 de maio na Casa da Cultura de Allariz
- 21 de maio no Teatro da Beneficencia de Ortigueira
- 10 de xuño no Auditorio de Vilalba
- 12 de xullo nas Noites Teatrais de Vilamarín
- 24 de agosto na Mostra de Teatro de Cee
- 22 de outubro no Auditorio de Verín
- 28 de outubro no Auditorio de Malpica de Bergantiños
- 12 de novembro no Pazo da Cultura de Narón
- 19 de novembro na Casa da Cultura de Brión
- 25 de novembro no Local Xente Nova de Carril