in

O programa de intercambios escénicos Cruzamentos acepta solicitudes de artistas e compañías

Nuria Sotelo en Mortais e vulnerables
'Mortais e vulnerables', de Furia Sotelo. Fotografía de Iñaki. Osorio.

O programa  de intercambios escénicos Cruzamentos, de Camiño Escena Norte, recibe solicitudes de creadoras e creadores ata o luns 6 de xuño, ás 14.00 horas.

Cruzamentos  é unha iniciativa incluída dentro da programación expandida Camiño Expandido, de Camiño Escena Norte, consistente nunha rede de estancias de intercambio escénico, artístico e profesional entre Galicia, Principado de Asturias, Cantabria e Euskadi, que este ano acada a súa 2ª edición dentro do proxecto.


Publicidade

Cruzamentos establece un tecido de espazos cómplices ao longo das catro comunidades autónomas participantes no proxecto, seis sedes que posibilitan unha rede de estancias profesionais que pretenden conectar o traballo de creadores e creadoras e compañías dos catro territorios, nos eidos da creación, a investigación escénica, formación, coprodución e, en xeral, do intercambio profesional no marco deste novo territorio común creado a partir do proxecto.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Arroutadas |

O FIOT de Carballo abre a convocatoria para a sexta edición do Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado

'Bailador'. Foto Óscar Cobos.

Óscar Cobos estrea ‘Bailador’ con música de Berrogüeto