O programa de intercambios escénicos Cruzamentos, de Camiño Escena Norte, recibe solicitudes de creadoras e creadores ata o luns 6 de xuño, ás 14.00 horas.
Cruzamentos é unha iniciativa incluída dentro da programación expandida Camiño Expandido, de Camiño Escena Norte, consistente nunha rede de estancias de intercambio escénico, artístico e profesional entre Galicia, Principado de Asturias, Cantabria e Euskadi, que este ano acada a súa 2ª edición dentro do proxecto.
Cruzamentos establece un tecido de espazos cómplices ao longo das catro comunidades autónomas participantes no proxecto, seis sedes que posibilitan unha rede de estancias profesionais que pretenden conectar o traballo de creadores e creadoras e compañías dos catro territorios, nos eidos da creación, a investigación escénica, formación, coprodución e, en xeral, do intercambio profesional no marco deste novo territorio común creado a partir do proxecto.
- Sete persoas e entidades foron distinguidas nos IV Recoñecementos de Escena Galega das Artes Escénicas - 07/07/2026
- Moaña acolle a primeira edición do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu - 03/07/2026
- O Convento de Santa Clara acolle a Bienal de Artes Vivas de Pontevedra - 03/07/2026



