in ,

Danza no Claustro celebra 10 anos bailando nos mosteiros ourensans

Programación Danza no Claustro
Imaxe: Fotografía Salas

Os días 5, 6 e 7 de agosto celebrarase unha nova edición do Danza no Claustro, que este ano cumpre 10 anos. O festival organizado pola plataforma SóLODOS volverá levar a danza aos claustros de Santo Estevo de Ribas de Sil, Santa María de Melón e Santa María de Xunqueira de Espadanedo.

Trátase dun xeito diferente de mirar a arquitectura e o patrimonio histórico a través do baile, do movemento.  Unha oportunidade para desfrutar da danza en espazos non convencionais, unindo artes escénicas e patrimonio, así como a moda, xa que será a firma galega Adolfo Dominguez a encargada de vestir a todos os artistas participantes no Danza No Claustro desta edición.

Adolfo Dominguez colabora estos últimos anos con SóLODOS En Danza e Sólodos Cía no Festival Danza no Claustro vestindo a…

Publicada por Danza no Claustro en Jueves, 4 de agosto de 2022

 

10 anos de Danza no Claustro

Danza no Claustro é un proxecto da plataforma cultural SóLODOS que nace no Claustro de San Francisco, en Ourense, en xuño do 2013. A proposta escénica pretende poñer en valor o patrimonio arquitectónico a través da danza, como leva facendo anualmente nos últimos 10 anos.


Publicidade

Paisaxes cheas de historia e singularidade da provincia de Ourense son o contexto para que artistas internacionais e locais, xunto coas comunidades, constrúan un proxecto cultural en común. Os artistas tras un proceso de creación e investigación artística nos diferentes Claustros e espazos, realizan unha exhibición do seu traballo creativo.

Dende a organización, afirman que “Danza no Claustro é unha programación cultural exclusiva para as comunidades, fortalecendo os eventos culturais da zona”, sinalan, ademáis que a danza funciona “como motor cultural que potencia a historia do lugar, a súa xente, a súa beleza, a súa sigularidade”.

Programación Danza no Claustro 2022
O bailarín Àngel Durán (Cataluña). Foto: Pablo Vargas

Programación Danza no Claustro 2022

O programa está formado polas compañías Carla Segovia & Guillermo Aguilar (México), Indalecio Séura (Andalucía), Àngel Durán (Cataluña, a través da rede nacional Acieloabierto), Colectivo Glovo (Galicia), Alejandra Balboa (Galicia) e cun peche especial o día 7 coas intervencións de Alba Fernández Cotelo (Galicia), Álvaro Murillo (Extremadura) e Jas Processor (Galicia).

O 5 de agosto ás 20.00h, o Danza no Claustro celebrarase no Claustro de Santo Estevo de Ribas de Sil en Nogueira de Ramuín; o día 6 ás 20.30h a cita será no claustro de Santa María de Melón cun espectáculo itinerante por todo o espazo; a programación péchase en Xunqueira de Espadanedo o día 7 ás 20,30h  e 22.15h no claustro de Santa María. Todas, agás a programación do día 5 que precisa inscrición previa, conta con entrada libre.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

294756730 465436785587450 4177768647219684714 n |

Margem ǀ 38 Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

Mar 05 |

El mar: visión de unos niños que no lo han visto nunca | 38ª MIT Ribadavia