in ,

A programación do Festaclown 2022 converte Vilagarcía nunha carpa de circo

Programación Festaclown. Programación Festiclown de Vilagarcía
La Troupe Malabó. Imaxe: Nerea Coll

O Festaclown 2022, volve encher Vilagarcía de risas e circo. Será do 17 ao 21 de agosto segundo indicaron no acto de presentación da programación do festival no que acudiron Jacobo Sutil, Director da AGADIC; Alberto Varela, Alcalde de Vilagarcía; Sonia Outón, Concelleira de Cultura; Nacho Fungueiriño, coordinador do Festaclown.

As protagonistas do Festaclown Vilagarcía serán compañías galegas como Desastronauts, Fran Boza, Troula ou Dani García. Sen esquecer grandes nomes a nivel estatal e internacional como Cía Vaya, Entre Nous, Rojo Telón, Kanbahiota, Trotamundos, La Troupe Malabó ou Javier Ariza. “Temos o pracer de anunciar que, unha vez máis, a vila converterase nunha carpa de circo que acollerá ás mellores compañías galegas, estatais e internacionais“, subliñou Nacho Fungueiriño, coordinador do festival que acollerá espectáculos de acrobacias, música, narración, clown e humor pensadas para todas as idades. Todas as actividades serán gratuitas con entrada libre e a programación do Festaclown pode consultarse na súa web.

Ademais, haberá unha nova edición do Certame Festaclown, onde será o público de todas as idades quen escolla o seu espectáculo favorito. O público votará ao longo de todo o festival na procura do espectáculo mellor valorado.

Para ir quecendo motores, o día 13 haberá un concerto-espectáculo titulado Desconcerto no que a Banda de Música Municipal de Vilagarcía e Culturactiva Producións alíanse para ofrecer un espectáculo cómico sobre a música clásica.

[embedyt] https://www.youtube.com/watch?v=uBUKRlBUp4Q[/embedyt]


Publicidade

Un Festiclown con moita historia

Festiclown comezou sendo un soño de Iván Prado no ano 1999 dentro do Cultura Quente de Caldas, e que de vagar materializouse nun Festival Internacional de Clown que 20 anos despois acabou sendo referente internacional do circo comprometido. Hoxe é o único festival de clown que leva a risa, a rebeldía e a esperanza a distintos puntos do globo, un festival vivo e nómada que está onde o precisan.

Segundo os seus organizadores,  é unha forma de ser e de entender o mundo a través do clown, unha escola onde ensinar e onde aprender. É unha referencia global do humor solidario que ten deixado pousos en Galicia, Asturias, Madrid, Catalunya, Río de Janeiro, Bogotá, Wirikuta, Santa Catarina, Rio grande do Sul, Kariris Xocó e Palestina, onde se celebrou o primeiro festival de circo do mundo árabe e que xa vai pola V edición.

O Festiclow levou a risa ás rúas, a hospitais, teatros, campos de refuxiados, comunidades indíxenas, favelas.. Máis de 500 artistas teñen actuado no festival e uns 2.000 formáronse no mesmo.

Consulta a programación do Festaclown 2022.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Equipo de Recortes caneos e outras formas de driblar

O CDG e Ainé inician os ensaios de ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’

Conservando memoria 6 |

Conservando memoria | 38ª MIT Ribadavia