in , ,

O Festival Cartografía en Movemento celebra a súa 11ª edición

Cartografias do movemento en Lugo
Eva Valle e Javier Seral. Foto: Cris Vilariño

O Festival Cartografía en Movemento cumpre once edicións os días 2, 3 e 4 de setembro en Lugo con tres xornadas de artes vivas en espazos non convencionais e baixo o lema ‘palíndroma’. Palíndromos, palabras que se escriben igual ao dereito có revés. A 11ª edición deste encontro, neste ano 2022, quere xogar coas semellanzas, coas correspondencias, co que pode lerse en dous sentidos. Á organización do festival, a cargo nestes anos da asociación 3monos, sumouse desde a edición pasada o Colectivo Glovo, para unir forzas nun evento que conta coa colaboración da área de Cultura do Concello de Lugo.

A programación comeza o venres 2 no Museo MIHL ás 20: 30h coa  colaboración de iXa e o Conservatorio de danza de Lugo coa peza  “Xeración Z” interpretada polos alumnos del 5º e 6º grado. Continuará Fran Martínez  coa peza “Velar” e para pechar a xornada a compañía Paula Quintas coa peza “MULTIPERSPECTIVAS#2” (work  in  progress), pezas para todos os   públicos e  coa entrada de balde, aínda que con aforo   limitado.

A programación continua o sábado día 3 ás 11h co obradoiro  de ‘Composición estable – Taller de movementos e equilibrios en familia’ no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) a cargo de Paula Quintas, ao que seguirá ‘Flamenco contemporáneo’, impartido por Álvaro Murillo ás 12.30h, onde o bailarín dará pautas para explorar a adaptación do movemento contemporáneo aos sons e emocións do mundo flamenco. Estas propostas son para todos os públicos e para inscribirse cómpre só mandar un correo indicando nome e idade a [email protected].


Publicidade

O festival trasladarase na tarde  do  sábado  á  Praza  de  Abastos,  onde  ás  20:30h abrirá o programa a compañía Clara Ferrão cunha peza titulada ‘Miñaxoia’. Continuará Álvaro Murillo, cun espectáculo co o nome de ‘8km en mula’. Seguirán Premoh`s Cru coa súa proposta ‘Anónimas Raíces. Rematando a xornada estará  a compañía Alba Fernández co a peza “Blues de medianoite”. A xornada do domingo celébrase ‘A alma de Cartografía’, con distintas propostas en espazos da cidade. En caso de choiva, as actividades do sábado realizaranse no MIHL na súa totalidade, e as do domingo na Praza de Abastos.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Premios do público Mostra de Cariño A panadaria Teatro del Andamio

A Panadaría e Teatro del Andamio gañan os premios do público na Mostra de Cariño

Camiño Escena Norte 2022

Un Camiño Escena Norte máis ambicioso procura os sorrisos do público en 38 sedes