in

Culturgal celebra o seu 15º aniversario nunha edición renovada

Será en novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra

Culturgal |

Culturgal celebrarase entre o 24 e 27 de novembro en Pontevedra co apoio da Xunta como institución patrocinadora principal. O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá está nova edición, na que se celebra o 15º aniversario da feira e que conta cunha nova directora, Eva Alonso.

A liña gráfica do evento vén de presentarse baixo o lema 15 anos cos fíos da Cultura. Neste 2022 Cultural experimentará diferentes modificacións na súa estrutura, no deseño de programación e no seu propio calendario. Neste senso, dentro da súa aposta por poñer o foco na dimensión profesional dedicará ao completo o seu primeiro día, o xoves 24 de novembro, a un programa destinado en exclusiva a empresas, entidades, asociacións e demais axentes implicados nas industrias culturais.

Conseguir a comercialización de produtos culturais durante a feira, que redeseñará a súa distribución espacial dentro do recinto do Pazo da Cultura pontevedrés, é tamén outro dos obxectivos marcados pola nova dirección.

No que respecta á programación, a directiva de Culturgal, nun labor conxunto coa dirección da feira, deseñou no verán boa parte da carteleira “coa meta de que primen a calidade e a novidade por riba do volume”. Este traballo de estruturación de actividades completarase coa recepción de propostas para os espazos Libro, Infantil e Arte, que xunto co Auditorio (dedicado ás artes escénicas e musicais), o Salón de Actos (centrado no audiovisual) e o Espazo Profesional, constitúen os grandes ámbitos programáticos da feira. Este prazo mantense aberto até o próximo 16 de outubro.


Publicidade

O período de contratación de stands, aberto inicialmente ata o 31 de outubro, está xa pechado para as entidades privadas, por estar esgotados xa os espazos dispoñibles. As empresas e entidades cun posto no Culturgal terán prioridade na valoración das propostas de actividades presentadas.

A Asociación Culturgal está constituída por Asociación Galega de Editores (AGE), Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), Empresas Galegas Dedicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet) e Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi).

 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Ás oito da tarde CDG

Ás oito da tarde, cando morren as nais

Cris, pequeña valiente de El Espejo Negro

El Espejo Negro leva a Pontevedra o multipremiado espectáculo sobre os nenos trans ‘Cris, pequeña valiente’