in , ,

El Espejo Negro leva a Pontevedra o multipremiado espectáculo sobre os nenos trans ‘Cris, pequeña valiente’

Teatro Akatro coordina o ciclo Domingos do Principal cun programa familiar no Teatro Principal de Pontevedra

Cris, pequeña valiente de El Espejo Negro
Fotografía de Rosinha Rojo

O domingo 2 de outubro comezan os Domingos do Principal co espectáculo multipremiado “Cris pequeña valiente” da compañía andaluza El Espejo Negro. O ciclo de teatro familiar do Concello de Pontevedra está coordinado por Teatro Akatro e nel programan doble pase, en horarios de mañá e tarde.

Cris, pequeña valiente xa se puido ver na Mostra de Ribadavia de 2021 na que levou o premio do público e na programación de VigoCultura 2022. A obra está inspirada nun grupo de nenas transexuais e nace da necesidade de visibilizar e poñerlle cara aos centos e milleiros de nenos e nenas trans que conviven na nosa sociedade.

El Espejo Negro pretende achegar ao público a transexualidade dos más pequenos, rompendo co descoñecemento e mostrando como estes cativos padecen desde os seus primeiros anos de vida o rexeitamento da sociedade, mesmo en ocasións contadas, o dos seus propios pais e nais.


Publicidade

A compañía andaluza, creada en 1989 polo autor andaluz Ángel Calvente, conta cunha linguaxe corrosiva e burlona. Os seus espectáculos son provocadores, innovadores e técnicamente notables o que a converten nunha das más salientables compañías de monicreques o obxectos de todo o estado, chegando a recibir ata tres Premios MAX. As súas creación  xa pasaron por programacións e festivais de Europa, América e Asia.

O espectáculo está recomendado para todas as idades, mesmo adultos, a partir de 6 anos. Ten unha duración de 65 minutos e, como en anteriores edicións, haberá dous pases un ás 12:00h e outro ás 18:30h no Teatro Principal de Pontevedra. As entradas xa están á venda en Internet. En caso de que queden entradas sen vender anticipadas poderanse mercar na propia billeteira do Teatro unha hora antes de cada función.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Culturgal |

Culturgal celebra o seu 15º aniversario nunha edición renovada

Inventio © Vanessa Rabade 2 1 |

Ferrol acolle a estrea de ‘Inventio’