in ,

Ensalle estrea ‘Sin la soga al cuello’ de Gonzalo Cunill

Equipa artística de 'Sin la soga al cuello' de Ensalle Teatro co texto de Gonzalo Cunill. Estrea no Teatro Ensalle de Vigo, 24 de febreiro de 2023. Foto: Afonso Becerra.
Equipa artística de 'Sin la soga al cuello' de Ensalle Teatro co texto de Gonzalo Cunill. Estrea no Teatro Ensalle de Vigo, 24 de febreiro de 2023. Foto: Afonso Becerra.

A fin de semana do 24 ao 26 de febreiro, no Teatro Ensalle de Vigo, a compañía residente nesta sala estrea Sin la soga al cuello de Gonzalo Cunill. Con dirección artística de Pedro Fresneda e Gonzalo Cunill, a equipa leva ao escenario un conxunto de textos, publicados por Aflera Producións, escritos por Cunill ao longo de 2020 sen pretensións dramáticas, como unha especie de notas dun diario. Raquel Hernández, Artus Rei e o propio Gonzalo Cunill xogan con eses textos nun espazo escénico creado por José Faro “Coti” e a iluminación de Fresneda.

Sin la soga al cuello estreouse o venres 24 de febreiro e continúa con funcións o sábado 25 e o domingo 26 ás 20h.


Publicidade

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Amparo Martínez

Teatro Gorrilla e A Artística de Vigo ofrecen unha programación especial de danza

Arlecchino, interpretado por Ferruccio Soleri.

Mensaxe para o Día da Commedia dell’Arte 2023