in ,

Teatro Gorrilla e A Artística de Vigo ofrecen unha programación especial de danza

Con actuacións e actividades da man de Amparo Martínez e Ainhoa Linaza

Amparo Martínez
HEALING | Imaxe de Sara Traba

Teatro Gorrilla e A Artística de Vigo ofrecen hoxe unha programación especial de danza. A xornada comeza ás 11 horas n’A Artística (Rúa Barcelona 35 de Vigo) cunha práctica creativa de Amparo Martínez, pioneira da danza contemporánea en Galicia, en torno á súa peza O Noso, que está en pleno proceso de creación, baseada en investigar conxuntamente algunhas das ideas que atravesan a peza.

Pola tarde, ás 18 horas, dentro dos Sabadetes, proposta  que xira arredor da mostra de procesos creativos, que A Artística quere retomar, Martínez Paz vai presentar O Noso.

A xornada remata n’A Casa de Arriba coa programación do Teatro Gorrilla ás 20.30 horas con Na(i)cemento de Ainhoa Linaza, bailarina de flamenco e pedagoga. Esta peza mestura linguaxes de movemento: flamenco, danza contemporánea, teatralización, texto e linguaxe académica. Aborda as cargas que afectan á muller moderna e que se remontan ao pasado. Indaga nalgúns focos da muller que a fan especialmente vulnerable, como son o parto, o embarazo ou a maternidade.

Ainhoa formou parte de compañías coma Mucha Muchacha e La Tristura; Joaquín Cortés; Ballet Flamenco Español, Flamencas de Ida y Vuelta.
Estivo en tablaos como El Cortijo; Casa de Tapas Dubai, Circuito de peñas flamencas Ocho Provincias ou Espazo Art-Senal.

En 2016 estreou o seu primeiro espectáculo Formas de la Danza Española. En 2021 estreou a súa primeira peza curta performática para espazos non convencionais: Na(i)cemento, finalista no Festival Internacional de Teatro de Ourense, no Concurso de Jóvenes Flamencos Desencaja e obtivo o Primeiro Premio do Concurso Coreográfico de Málaga e o Terceiro Premio no Concurso Coreográfico Andaluz.


Publicidade

Teatro Gorrilla é un proxecto autoxestionado e alternativo que Sergio Llauguer, Laura Merchán e Eva Comesaña levan a cabo. Pretende transformar e democratizar a cultura na cidade olívica, levando propostas contemporáneas de artes escénicas, de artistas independentes, a bares,  nos que, polo xeral, só se programan concertos de música.

O funcionamento de “billeteira inversa”, que utilizan en Teatro de Gorrilla, inspirado no teatro de rúa onde se pasa “pasa a gorra”, consiste en facer unha achega económica libre polo espectáculo, unha vez desfrutado, sendo o mínimo recomendado de 4€.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Soños

O Salón Teatro acolle a estrea de ‘Soños’

Equipa artística de 'Sin la soga al cuello' de Ensalle Teatro co texto de Gonzalo Cunill. Estrea no Teatro Ensalle de Vigo, 24 de febreiro de 2023. Foto: Afonso Becerra.

Ensalle estrea ‘Sin la soga al cuello’ de Gonzalo Cunill