in

O Salón Teatro acolle a estrea de ‘Soños’

A peza, producida por Igaxes, Culturactiva e Artefeito, aborda a realidade das mozas e mozos tutelados

Soños
Imaxe de Rocío Cibes

A ONG Igaxes e as produtoras teatrais Culturactiva e Artefeito colaboran na produción do espectáculo Soños, que se estrea esta tarde, ás 20.00 horas, no Salón Teatro do Centro Dramático Galego, en Santiago de Compostela.  A obra, escrita por Fernando Epelde e dirixida por Tamara Canosa, e que conta cun elenco formado polo actor Anxo Outumuro e polas actrices Vicky Pérez e Sara Ferro, busca “rematar co estigma que cargan as mozas e os mozos tutelados“. Dende as distintas entidades destacan como a colaboración entre o mundo das artes e do social poden ser a fórmula para mudar realidades. O propio espazo da estrea foi cedido polo Centro Dramático Galego por tratarse dun proxecto social, e o proxecto contou tamén co apoio da Deputación da Coruña.

Soños naceu coa idea de amosar a vida destes rapaces e rapazas, polo que durante todo o proceso creativo “a comunicación entre educadoras, rapazada e equipo artístico foi fluída e constante”. Con esa vontade de romper prexuízos e deixar claro que as experiencias da mocidade tutelada “son diversas e que as súas inquedanzas e aspiracións non son distintas das de calquera outro adolescente”, as experiencias desta ficción “moi realista” proveñen de conversas con educadoras e rapazada das vivendas do Programa Mentor de Igaxes, financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo FSPlus Galicia.

Durante este ano, o espectáculo percorrerá todo o territorio galego, comezando cunha xira para o alumnado da ESO e Bacharelato, que está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. O alumnado de entre 15 e 17 anos é un obxectivo clave para esta peza, xa que, como sinalan dende as entidades que están detrás do proxecto, “moitos deles e delas comparten o seu día a día con mozos e mozas que medran en vivendas tuteladas”.

Publicidade

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

'Pussy Cake. Your Hands Over Me' de Matarile. Foto Rubén Vilanova.

Dramaturxia, proceso, concepto e ‘Pussy Cake’

Amparo Martínez

Teatro Gorrilla e A Artística de Vigo ofrecen unha programación especial de danza