in ,

Esta fin de semana comeza o XIX festival Isto Ferve

Andres Corchero en 'Absències'. Foto: Mercat de les Flors
Andres Corchero en 'Absències'. Foto: Mercat de les Flors

O teatro Ensalle de Vigo arrinca esta fin de semana, do 10 de marzo, a 19ª edición do festival de danza contemporánea Isto Ferve.

Do 10 ao 12 de marzo, abre o festival unha das figuras fundamentais do “Body Weather”, un sistema de traballo creado por Min Tanaka nos anos 70, e da Danza Butoh, Andrés Corchero, que presenta Absències, un díptico arredor da figura do pai, coas pezas Padre e Camí de silenci.

Do 17 ao 19 de marzo, a sala da Rúa Chile de Vigo, acollerá á compañía Societat Doctor Alonso co a súa peza titulada Noche cañón. Un show aparentemente típico do xénero da Stand-up Comedy no que Sofia Asencio vai transitar por diferentes e sorprendentes transformacións.


Publicidade

Pecha o festival unha terceira proposta, na fin de semana do 31 de marzo ao 2 de abril, a cargo de Serrucho, coa peza titulada Interior noche. Un espectáculo que presta especial atención aos obxectos e que, no contexto dunha especie de camping, mestura diferentes temporalidades. Unha experiencia que defende a contemplación como acto político de resistencia.  Serrucho ofrécenos un obradoiro práctico de observación lenta e unha dramaturxia feita de situacións e chistes visuais que deixan ao descuberto a absurda obsesión coa eficiencia do capitalismo.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

carrodeguas

A dramaturga Esther Carrodeguas, finalista nos Premios Max a mellor autoría

be real movil

Be Real