O teatro Ensalle de Vigo arrinca esta fin de semana, do 10 de marzo, a 19ª edición do festival de danza contemporánea Isto Ferve.
Do 10 ao 12 de marzo, abre o festival unha das figuras fundamentais do “Body Weather”, un sistema de traballo creado por Min Tanaka nos anos 70, e da Danza Butoh, Andrés Corchero, que presenta Absències, un díptico arredor da figura do pai, coas pezas Padre e Camí de silenci.
Do 17 ao 19 de marzo, a sala da Rúa Chile de Vigo, acollerá á compañía Societat Doctor Alonso co a súa peza titulada Noche cañón. Un show aparentemente típico do xénero da Stand-up Comedy no que Sofia Asencio vai transitar por diferentes e sorprendentes transformacións.
Pecha o festival unha terceira proposta, na fin de semana do 31 de marzo ao 2 de abril, a cargo de Serrucho, coa peza titulada Interior noche. Un espectáculo que presta especial atención aos obxectos e que, no contexto dunha especie de camping, mestura diferentes temporalidades. Unha experiencia que defende a contemplación como acto político de resistencia. Serrucho ofrécenos un obradoiro práctico de observación lenta e unha dramaturxia feita de situacións e chistes visuais que deixan ao descuberto a absurda obsesión coa eficiencia do capitalismo.
- Sete persoas e entidades foron distinguidas nos IV Recoñecementos de Escena Galega das Artes Escénicas - 07/07/2026
- Moaña acolle a primeira edición do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu - 03/07/2026
- O Convento de Santa Clara acolle a Bienal de Artes Vivas de Pontevedra - 03/07/2026



