in , ,

A programación da MITEU de Ourense 2023 contará con 20 espectáculos

A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense celebrarase do 20 de abril ao 6 de maio

programacion miteu ourense1
Grupo Maricastaña. Foto: Malvido

A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu) quenta motores para a súa vixésimo oitava edición.

A programación da MITEU 2023 comeza o 20 de abril ata o 6 de maio e contará con 20 espectáculos que se poderán ver en distintos espazos de Ourense. Os espectadores terán a oportunidade de desfrutar do teatro universitario no Teatro Principal, Liceo, Café Auriense, Maristas ou nos Xardíns do Padre Feijóo.

Fernando Dacosta, de Sarabela Teatro, presentou a programación este venres durante unha rolda de prensa no Teatro Principal de Ourense. Serán 20 os espectáculos, contemplando a animación de rúa e a clausura, que proveñen de Colombia, Guinea, Portugal e diferentes puntos de España (Euskadi, Andalucía, Madrid, Castela-León, Navarra, ademais de Galicia).


Publicidade

Programación da MITEU 2023

DATA HORA GRUPO ESPECTÁCULO ESPAZO
Xoves 20 20’00 ROSAURA. AULA UNIVERSITARIA DE OURENSE (GALICIA) En primicia RÚA da Praza Maior a Xardíns Padre Feijoo
 

Venres 21

21’00 TEATRO DEL BARRIO (MADRID) No soy tu gitana TEATRO PRINCIPAL
23’30 THE TETAS VAN (GALICIA) Concerto: Muller libre CAFÉ AURIENSE
Sábado 22 20’00 TEATRO EL MAYAL (CASTILLA-LEÓN. LEÓN) Los días perdidos TEATRO PRINCIPAL
 

Domingo 23

12’30 COMPAÑÍA ANDREA RÍOS  (COLOMBIA) Ara PATIO DE MARISTAS
20’00 TEATR’UBI (COVILHÃ. PORTUGAL) Cuspir o coração TEATRO PRINCIPAL

Luns 24              DESCANSO

Martes 25 20’00 ÑA DJINGÖ (GUINEA) Miserables TEATRO PRINCIPAL
Mércores 26 20’00 AULA DA USC. LUGO (GALICIA) Eréndira é Aríndere TEATRO PRINCIPAL
Xoves 27 20’00 YLLANA (MADRID) Passport TEATRO PRINCIPAL
Venres 28 20’00 CORDELIA. AULA UNIVERSITARIA DE OURENSE (GALICIA) O mundo como vontade TEATRO PRINCIPAL
Sábado 29 20’00 COMPAÑÍAS DE DANZA DA UNIVERSIDADE (GALICIA) 12ª Xornadas de Danza TEATRO PRINCIPAL

Domingo 30         DESCANSO

Luns 1 20’00 GRUPO DE TEATRO DE LA UPNA (NAFARROA) Injusta Justicia TEATRO PRINCIPAL
Martes 2 20’00 AULA DA USC. SANTIAGO (GALICIA) Observacións sobre a felicidade (composición e manexo) TEATRO PRINCIPAL
Mércores 3 20’00 EL AEDO (ANDALUCÍA) Puños de harina TEATRO PRINCIPAL
 

Xoves 4

19’00 AULA DE TEATRO DE PONTEVEDRA (GALICIA) Intermitencias TEATRO PRINCIPAL
21’00 AULA DE TEATRO DE VIGO (GALICIA) Incendios TEATRO PRINCIPAL
 

Venres 5

20’00 LA RED TEATRO (EUSKADI) Vida TEATRO PRINCIPAL
21’00 AULA DE TEATRO DE LA UBU. BURGOS (CASTILLA-LEÓN) Escenas de caza LICEO
Sábado 6 20’00 CLAUSURA DA MITEU

MARICASTAÑA. AULA UNIVERSITARIA DE OURENSE (GALICIA)

As cidades agochadas TEATRO PRINCIPAL

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Maria casares 2023 premiados

A Panadaría triunfa nuns María Casares 2023 moi repartidos

un hotel de primeira sobre o rio 08

O CDG estrea ‘Un hotel de primeira sobre o río’