in ,

Galicia Escena PRO propiciou máis de medio milleiro de xuntanzas profesionais

Os espectáculos sumaron preto de 2700 espectadores e espectadoras

Alleo - Colectivo Glovo
'Alleo', do Colectivo Glovo, no Galicia Escena PRO

Galicia Escena PRO, o mercado de artes escénicas promovido pola Xunta de Galicia e organizado en colaboración coa asociación profesional Escena Galega, superou este ano o medio millar de xuntanzas concertadas entre os e as máis de 180 profesionais acreditados co fin de dinamizar a contratación de espectáculos galegos, segundo os datos de balance do encontro achegados pola organización.

Ese foi o obxectivo prioritario da feira, que pechou o xoves pasado as portas da súa 10ª edición en Santiago de Compostela despois de catro días de actividade, durante os que tamén houbo lugar para a exhibición de 19 espectáculos de teatro, danza e circo, a presentación de 12 novos proxectos en formato pitching, dous concertos e dúas mesas redondas sobre mediación cultural e sobre as especificidades da programación de danza e circo.

Máis de 100 compañías galegas e empresas de produción e distribución de teatro, danza e circo contaron con representantes neste encontro, no que tiveron a oportunidade de contactar cos responsables de 75 feiras, festivais, circuítos e espazos culturais de Galicia e do resto da Península Ibérica. Entre eles, o festival Dansa Valéncia, co que se acadou un acordo de intercambio para 2024, e MADferia de Madrid, coa que se acaba de renovar a colaboración grazas á que Inconstantes Teatro actuou o pasado mércores en Galicia Escena PRO, mentres que a formación galega de danza Colectivo Glovo estará o vindeiro día 16 na mostra madrileña.


Publicidade

Como en anos anteriores, a carteleira de espectáculos desta décima edición abriuse tamén ao público xeral, sumando preto de 2700 espectadores e espectadoras xunto coas persoas asistentes acreditadas, segundo informaron dende a organización.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Imaxe dun robot cuadriculado tocando o piano

IA

Metodoloxías Carroñeras para Corpos Invertidos. Imaxe de Manuel G. Vicente.

Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos