in , ,

A Sala Ártika acolle a estrea de ‘Penélope: destecendo o vínculo’

O espazo vigués arranca esta fin de semana a súa nova temporada escénica

Penélope 1
'Penélope, destecendo o vínculo'

A estrea de Penélope: destecendo o vínculo, da compañía Constance Hurlé, abre esta fin de semana a nova programación escénica da Sala Ártika, en Vigo. Vinte e unha compañías pasarán nos próximos meses polo espazo situado na rúa Beiramar, que traerán á cidade 36 representacións de teatro familiar, espectáculos para público adulto e danza.

Penélope: destecendo o vínculo presentarase por primeira vez ao público en dúas funcións, unha mañá, sábado día 13, e outra o domingo, día 14, ás 20.00 horas. Trátase dunha peza de danza-teatro contemporáneo que busca un achegamento escénico á teoría psicolóxica do apego. É un traballo que xorde “da necesidade, cada vez máis presente na nosa sociedade, de comprender a conformación e desenvolvemento dos vínculos afectivos que establecen os seres humanos para a supervivencia”, segundo explican da compañía. “Penélope tece e destece os seus vínculos, ocúltase tras un tear que nega e anhela a chegada de Odiseo. Penélope lembra a infancia e fala de afecto, fala de perda, fala de medo, fala de trauma”, sinalan, arredor da conexión da peza coa personaxe de Penélope, que dá título tamén ao traballo.

Entre todas as novidades da nova temporada en Ártika, destacan tamén outras dúas estreas de espectáculos: Perder a lingua, da compañía Eva Comesaña, e a estrea do novo espectáculo familiar da compañía Ártika CIA: Pum, pum. Quen hai?

A Sala Ártika acollerá por primeira vez o circuíto iberoamericano, por onde pasarán compañías nacionais, portuguesas e latinoamericanas: un total de 7 compañías que amosarán as súas creacións dende o 2 ao 25 de febreiro.


Publicidade

Ademais, para os que aínda non puideron gozar dos espectáculos “O empapelado amarelo”, da Quinta do Cuadrante ou de “O meu mundo non é deste reino,de Teatro da Ramboia, terán unha nova oportunidade. O 9 e 10 de marzo representarase o espectáculo gañador do I Certame Manuel María de Proxectos teatrais, “O meu mundo non é deste reino”, gañador tamén no 2020 o premio María Casares a mellor adaptación e mellor dirección. O 11 e 12 de maio representarase “O empapelado amarelo”, o primeiro espectáculo da compañía “A Quinta do cuadrante”. Desde a súa estrea participou nos Festivais Singular, en Narón, o Festival Escenas do Cambio de Santiago de Compostela, e no Festival Galicia Escena Pro, acadou tres nomeamentos aos Premios María Casares: Mellor dirección, Mellor Adaptación/Tradución  e Mellor Iluminación.

Talía Teatro, con “Morte accidental dun anarquista”; Excéntricas Producións co espectáculo familiar “Monstros”; Inversa teatro con “O péndulo”; a compañía Os Naúfragos Teatro con “Noso”; Migallas teatro con “Canta connosco” ou Inventi Teatro con “As palabras perdidas”, son outras das compañías que pasarán polo espazo vigués durante os próximos meses.

Programación completa

DATASESPECTÁCULOCOMPAÑÍA
13 e 14 de xaneiroPenélope: destecendo o vínculo (estrea)Constance Hurlé
20 e 21 de xaneiroMorte accidental dun anarquistaTalia Teatro
27 e 28 de xaneiroAsfixiaVórtice escénico
 

2 febreiro

 

Mosca

 

Ártika Cía (Galicia)

3 de febreiroNosCompañía Zero10 (Cataluña)
4 de febreiroLa sapoIgnacio Tamagno (Arxentina)
11 de febreiroDesumanizaçãoTeatro Art’imagem (Portugal)
17 de febreiroDonodonadaCompanhia Certa (Portugal)
18 de febreiroMediumTeatro Apátrida (Chile)
24 e 25 de febreiroMaría Zambrano; la palabra danzanteKarlik danza (Extremadura)
 

2 e 3 de marzo

 

Monstros

 

Excéntricas producións

9 e 10 de marzoO meu mundo non é deste reinoTeatro da Ramboia
16 e 17 de marzoLa gota aventureraTeatro Arbolé ( Aragón )
23 e 24 de marzoNosoOs naúfragos teatro
 

13 e 14 de abril

 

Teatropedia

 

Teatro Defondo (Madrid)

20 e 21 de abrilO pénduloInversa teatro
27 e 28 de abrilPerder a lingua (estrea)Cía Eva Comesaña
 

4 e 5 de maio

 

Canta connosco

 

Migallas Teatro

11 e 12 de maioO empapelado amareloA quinta do cuadrante
18 e 19 de maioAs palabras perdidasInventi teatro
25 e 26 de maioPum, pum. Quen hai? (Estrea)Ártika Cia

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Paula Pier, Chus López e Sandra Pérez e María Velasco na canción Vagalume.

Paula Pier estrea ‘Eu, fraude!’ no Teatro Rosalía de Castro da Coruña

'Taller de caretas' (1943) de José Gutiérrez Solana. Colección Museo de Belas Artes de Bilbao. Foto: Afonso Becerra.

Autocrítica