in

Producións Teatrais Excéntricas celebran o seu 20º aniversario en Rianxo

Cunha programación especial que inclúe catro funcións

Mofa & Befa. Producións Teatrais Excéntricas.
Mofa & Befa. Producións Teatrais Excéntricas.

Co motivo do 20º aniversario de Producións Teatrais Excéntricas e en colaboración co Concello de Rianxo e a súa Concellería de Cultura, a compañía está a desenvolver unha programación especial no Auditorio Municipal de Rianxo.

Serán 4 funcións ao longo de dúas semanas: dúas para público xeral e dúas para centros de ensino. A programación comezou onte, 27 de abril, coa presentación de MONSTROS, o noso novo espectáculo. Unha aventura para toda a familia chea de música e humor e protagonizada por Patricia Vázquez, Rocío González, Vítor Mosqueira e Piti Sanz. O luns 29 repite MONSTROS cunha función escolar para alumnado dos CEIP Castelao e Ana María Diéguez, e as entradas para este pase están esgotadas.

O sábado 4 de maio, ás 20:30h, farán unha dobre celebración, xa que ao 20º aniversario da compañía engaden a celebración do 30º aniversario de Mofa e Befa, que presentarán Pirolíticos.


Publicidade

Rematarán a programación especial no Auditorio de Rianxo cunha nova función matinal de Pirolíticos para centros de ensino mais desta, centros de educación secundaria, o luns 6 de maio, e para esta aínda quedan entradas dispoñibles.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

'CONXURO' de Daniel Rodríguez Fernández.

Día Internacional da Danza 2024. Estado da cuestión

Millo Vello Foto de Afonso Becerra

A Xunta abre a convocatoria para as novas coproducións do Centro Coreográfico Galego