in

A Academia Galega de Teatro celebra as súas II Xornadas

Esta fin de semana, no Pazo de Mariñán, arredor do deseño das programacións teatrais galegas

I Xornadas da Academia Galega de Teatro
Imaxe das I Xornadas da Academia Galega de Teatro.

A II Xornadas da Academia Galega de Teatro no Pazo de Mariñán arrancaron onte á tarde, coa chegada das persoas e entidades participantes. Estanse a desenvolver ao longo do día de hoxe, baixo o título “O deseño das programacións teatrais galegas: na procura dun modelo cooperativo”, e rematarán mañá, sábado 25, coa elaboración das conclusións.

Neste encontro, organizado pola Deputación da Coruña e a Academia Galega de Teatro, co patrocinio da Agadic, “preténdese buscar un modelo conxunto de diálogo entre diversos axentes culturais que o integran (programadores/as e empresas escénicas), tendo en conta a natureza das artes escénicas como servizo público”. A orientación destas segundas xornadas partiu da seguinte reflexión por parte da Academia Galega de Teatro: “O marco local, é a Administración que máis se esforza por cumprir as primeiras necesidades da cidadanía, con todo, na maioría dos casos, esas necesidades cóbrense sen unha política clara, sen reflexión sobre o futuro e sen obxectivos a longo prazo. Isto pode aplicarse ao eido da política cultural municipal. A gran variedade de actividade cultural existente nos concellos galegos, e en concreto nas artes escénicas, fai que a xestión que se realiza, en función dos intereses, recursos e organización, sexa moi distinta duns concellos a outros xerando unha realidade complexa e diversa”.

O que procuran facer é “xerar un espazo de pensamento, nun encontro cun espírito distendido, para repensar o sistema de programación que se está a levar a cabo en Galicia, onde distintos axentes da Administración local (especialistas e profesionais) analizarán a situación co fin de marcar uns puntos de encontro cuxo obxectivo é mellorar o sector escénico do noso país para o futuro”. Coa participación de todas estas e estes profesionais pretenden “establecer un diálogo cun grupo de persoas expertas que programan en distintas realidades, achegarnos a cada unha delas, e intentar depurar un conxunto de ferramentas que permitan a evolución no marco das artes escénicas en xeral, e do teatro en particular”.

Programa completo das II Xornadas

XOVES, 23 DE MAIO

16:00 a 17:00 h Chegada da Xunta Directiva
17:30 h Xunta Directiva da Academia Galega de Teatro
19:00 a 20:00 h Chegada das/os participantes a o pazo de Mariñán. Organización dos aloxamentos.
20.30 h Cea no Pazo de Mariñán

VENRES, 24 DE MAIO

9:00 A 10:00 h Almorzo

10:00 h INAUGURACIÓN DAS XORNADAS

  • Imma Antonio (Presidenta da Academia Galega de Teatro)
  • Natividade González (Deputada de Cultura, Igualdade, Lingua e Dereitos Civís da Deputación da Coruña)
  • Jacobo Sutil (Director da Agadic)
  • Carlos Lorenzo (Presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural)

10:45 h ASPECTOS ORGANIZATIVOS DAS XORNADAS
Xosé Manuel Rabón (Coordinador Técnico das Xornadas)

11:00 h OS DEREITOS CULTURAIS
Comunicación: A Lei de dereitos culturais Por: Mercedes Queixas

12:00 h Café de media mañá.

12:30 h Intervención das/dos asistentes e debate.

13:30 h Remate.

14:00 h Xantar no Pazo de Mariñán.

16:30 h FALADOIRO: “O DESEÑO DAS PROGRAMACIÓNS TEATRAIS GALEGAS. Modelos
de compañías de artes escénicas”
Moderan Xavier Castiñeira e Carlos Lorenzo.

Participan:


Publicidade

  • Compañía Furia Sotelo.
  • Pistacatro.
  • Amorodio Teatro.
  • Ibuprofeno Teatro.
  • Chévere.
  • Caramuxo Teatro.
  • Títeres Cachirulo.
  • Teatro do Atlántico.
  • Representante de Escena Galega.

18:00 h Pausa café de media tarde.

18:30 h FALADOIRO: O DESEÑO DAS PROGRAMACIÓNS TEATRAIS GALEGAS. Modelos
de espazos de programación.
Moderan:  Xavier Castiñeira e Carlos Lourenzo

Participan:

  • Xosé Paulo Rodríguez- Director do Teatro Rosalía de Castro de A Coruña.
  • María José Vázquez- Técnica de Cultura do Concello de Ames.
  • Carlos Varela- Técnico de Cultura do Concello de Vilagarcía.
  • Neves Lema- Técnica de Cultura do Concello de Vimianzo.
  • Marcos Martínez- Coordinador de actividades xuvenís do Concello de Sada.
  • Daniel Loza- Técnico de Cultura do Concello de Betanzos.
  • Madó Santos- Ex-técnica de Cultura do Concello de Muros.

19:30 h Intervención das/os asistentes e debate.

20:30 h Cea no Pazo de Mariñán.

SÁBADO, 25 DE MAIO

9:00 a 10:00 h Almorzo.

10:00 h Xuntanza das/os asistentes de elaboración de conclusións.

12:00 h Pausa café media mañá.

12:30 h Exposición das conclusións.

14:00 h Xantar no Pazo de Mariñán e despedida das/os participantes.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Ninguén tira fotos nos enterros Carlota Mosquera

O Certame Micro-Escenas Metro Cadrado do FIOT abre unha nova convocatoria

Cristina Balboa

Cris Balboa mostra a súa ‘Residencia Paraíso’ no Vello Cárcere de Lugo