in ,

‘Summertime Sadness’ dirixido por Myriam González, seleccionado na Quinzena de Dança de Almada 2024

O videodanza Summertime Sadness dirixido por Myriam González, seleccionado na Quinzena de Dança de Almada 2024

Imaxe: Summertime sadness
Imaxe: Summertime sadness

O pasado mes de marzo Myriam González coreografou o proxecto de videodanza Summertime Sadness, unha peza de Waacking con 25 bailarinxs, estudantes das escolas May Dance Studio (Fene) e da Escola Municipal de Danza de Oleiros, onde Myriam é docente. Summertime Sadness é unha das pezas seleccionadas para o festival internacional Quinzena de Dança de Almada, na súa 32 edición.

O vídeo, montaxe e edición é de Iria Casal. A interpretación inclúe un amplo elenco formado por Myriam González, Pau Cuevas, Alba Echeverri, Paula Lamas, Daniela Mariño, Diana Dubra, Aldara García, Carolina Barbeito, Jimena Díaz, Lola Fernández, Fuco Río, Daniela Pérez, Rafael Rodríguez, Sara Ferreiro, Ángela Domínguez, Ainara Anido, Carlota García, Aitana Cantalejo, Helena Serra, Brenda Vaccaro, Alejandra Béjar, Sofía Vázquez, Irene Teixeiro, Iria Pérez e Luana Bernardo.

Myriam González é coreógrafa, bailarina e docente da Coruña. Codirixe, xunto a Eloi García, a compañía Tuatha e forma parte de D’elas, colectivo que estreou recentemente o espetáculo de longo formato É Difícil Fotografar o BaleiroO seu traballo inscríbese na creación contemporánea e no estilo de danza club Waacking, o que inclúe nas súas creacións e divulga mediante o contido en redes sociais, co fin de impulsar e visualizar a danza urbana e club. Actualmente imparte clases deste estilo en Oleiros e Fene, conseguindo así crear unha gran rede e ampliando a comunidade waacker galega.


Publicidade

O Waacking é un estilo de danza club que nace 70, contextualizado na comunidade afroamericana e latina LGTB+, e englobado hoxe no termo paraugas de “danzas urbanas”. O Waacking representa, así, a liberdade de expresión. Despois de achegarse case á desaparición desta cultura durante os anos 80 e 90, grazas a pioneiros que decidiron retomar a ensinanza do estilo, chega ata nós, recuperándose a principios dos anos 2000.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Edmond de Bries, transformista que actuou en Galiza en 1921, 1923 e 1934.

A Casa Colorida

'Manuel Rey Is In Da House'. Foto: Centro Dramático Galego.

Faise pública a programación do 41º Festival de Almada, que inclúe ‘Manuela Rey Is In Da House’