in ,

Morre o actor Xabier Deive aos 54 anos

O actor liderou a AAAG en momentos complicados como a pandemia

Xabier Deive

O actor galego Xabier Deive, recoñecido polas súas interpretacións en series como Matalobos e Águila Roja, faleceu aos 54 anos, segundo informou o seu representante, Alejandro Albaiceta.

Nado en Narón en 1970, Deive desenvolveu unha extensa carreira en televisión, cine e teatro. En Galicia, destacou pola súa participación en series como Matalobos, un drama sobre o narcotráfico que acadou gran popularidade e aceptación entre o público, así como en O Faro, Serra Moura (un thriller policial producido pola TVG), e Mareas Vivas.

A nivel nacional, Xabier Deive participou en series de éxito como El ministerio del tiempo, onde interpretou a Benito Batalla, e Águila Roja, onde deu vida ao Capitán Monasterio.

Tras coñecerse a súa morte, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) emitiu un comunicado no que trasladou aos seus seres queridos “todo o cariño e o apoio nestes momentos”, e destacou “a calidade humana” de Xabier Deive, a quen describiron como “un compañeiro querido e respectado tanto polo público como pola profesión”. O comunicado subliña tamén que “o seu traballo no teatro e no audiovisual, ámbitos nos que deixou mostras incontestables do seu talento artístico, testemuña unha forma de entender, exercer e vivir o noso oficio, que a AAAG quere recoñecer como exemplo para todos e todas”. Deive foi presidente da AAAG entre 2019 e 2021.

No ámbito teatral, Xabier Deive participou en espectáculos: Os carros do camiño (Ollomoltranvía, 1998), O retrato de Dorian Grai (Uvegá Teatro, 2000), Poca vita (Teatro Maltés, 2002), Final de película (Ancora Producións, 2004), Edipo (Nove Dous, 2006), Stigma (Centro Dramátigo Galego, 2008), Gaivotas subterráneas, (Talía Teatro-Voz Audiovisual, 2013) ou Sede de mal (Culturactiva, 2015).

Pesar nas redes polo pasamento

Moitas figuras da cultura galega quixeron deixar constancia do seu pesar polo falecemento de Deive. O seu representante, Alejandro Albaiceta sinalaba en Facebook que Deive “foise coma a Estrela do Rock and Roll que era: discretamente”.

 


Publicidade

Pola súa parte, o actor Miguel Ángel Blanco compartía unha imaxe de Deive na serie Matalobos cunha breve frase: “Que dura noticia. Deixas un feixe de personaxes cheos de vida e un valeiro insubstituíble”.

 

Tamén o público que o desfrutou nas exitosas series da TVG quixo mostrar aprezo ao actor, compartindo frases de apoio á familia e mesmo compartindo debuxos:

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Festival Abanea 2024 reducida(1)

O Festival Abanea celebra a súa terceira edición

'Entrelinhas'. Foto: Mariano Barrientos.

Entrelinhas