in

A Sala Ártika acolle pezas de Murcia e Cataluña da Red de Teatros Alternativos

Esta fin de semana e a que vén estarán no espazo vigués ‘Rumbo a Farout’ e ‘Blink Magic’, respectivamente

oniricamecanica rumbo
'Rumbo a Farout', de Onírica Mecánica. Fonte: Sala Ártika.

Esta fin de semana e o próximo, a Sala Ártika, en Vigo, está a acoller o XXIII Circuíto de la Red de Teatros Alternativos. Onte, sábado 28, e hoxe, domingo 29, está a representarse o proxecto Rumbo a Farout, da compañía de Murcia Onírica Mecánica. Trátase dun proxecto liderado por Jesús Nieto que ten como obxectivo “expandir o feito teatral ata novos lugares e camiños, representando outros mundos e creando novos imaxinarios, coa tecnoloxía como aliada”. É unha peza recomendada para maiores de 16 anos da que fixeron onte dous pases, ás 21.00 e ás 22.00 horas, e da que farán hoxe dous novos pases, nese mesmo horario. Cada función ten unha capacidade reducida para un máximo de 12 persoas de público.

A fin de semana que vén a proposta que visitará a sala viguesa será Blink Magic, da compañía catalá Blink Flash, dirixida á primeira infancia (de entre un e tres anos). Faranse dúas funcións, unha o sábado, 5 de outubro, e outra o domingo, 6 de outubro; as dúas ás 18.00 horas.

 

Sinopse de ‘Rumbo a Farout’

“O obxecto máis afastado do Sistema Solar xamais observado polo ser humano dende a Terra foi descuberto no ano 2009. Este diminuto planeta foi nomeado Farout. En outubro do 2021 un director artístico convocou a 12 rapaces e rapazas da rexión da Murcia para iniciar unha viaxe imaxinaria a este pequeno planeta. A idea era emprender unha nova forma de vida intentando evitar os erros cometidos na Terra. Esta experiencia teatral documenta o que pasou durante ese proceso e o mundo que crearon e debateron. Rumbo a Farout invita a cada espectador a pasar pola pel de cada uno deste rapaces que un día se reuniron para cambiar o mundo. Este, é unha viaxe en primeira persoa en busca dunha utopía”.


Publicidade

Blink Magic
‘Blink Magic’, de Blink Flash. Foto da compañía.

Sinopse de ‘Blink Magic’

“Xogando, Nia descobre o antigo fallado da casa. Montañas de sabas agochan cousas que ela nunca vira. Obxectos parados no tempo coma un reloxo sen corda prepáranse para ofrecerlle unha experiencia que cambiará a súa vida. E é que quizais todos somos magos se nos poñemos esas gafas, quizais a maxia das pequenas cousas acontece se miramos dese xeito.

Que fai que un momento da vida sexa máxico? Blink Magic adéntrase nos misterios da maxia da vida. Non na maxia coma engano, senón na maxia que che abre os ollos, que te axuda a ver.

O que queremos compartir cos nenos é a valentía, a empatía, a confianza na vida, entre outros, como valores e ferramentas para crear a propia vida e que sexa máxica”.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Imaxe atopada en internet pola autora do artigo.

Manual de extorsión a pseudoseñoros

'Mulleres que viven soas' © Vanessa Rabade

Berrobambán estrea ‘Mulleres que viven soas’ no FIOT de Carballo