in

O Galicreques acolle a estrea de ‘Lémbrame. Spominaj na mnje’

Faranse hoxe dúas funcións da coprodución do Centro Dramático Galego e o Bautzen Theater de Alemaña no Salón Teatro

'Lémbrame. Spominaj na mnje’. Foto de Roman Kory.
'Lémbrame. Spominaj na mnje’. Foto de Roman Kory.

O Festival Internacional de Títeres Galicreques, organizado pola Asociación Cultural Barriga Verde coa colaboración do Concello de Santiago, da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña, do Instituto Nacional de Artes Escénicas e Musicais (Inaem), de Iberescena e da Fundación SGAE, estrea hoxe Lémbrame. Spominaj na mnje, coprodución do Centro Dramático Galego e o Bautzen Theater de Alemaña. A estrea será no Salón Teatro ás 18.00 horas e terá unha función previa para público escolar ás 10.00 horas. A obra, que conta con Borja Insua no elenco, desenvolverase en dous idiomas: galego e sorobio, e foi creada ao abeiro do proxecto Phōnē, no marco do programa Europa Creativa.

Sinopse

“Lémbrame, Spominaj na mnje é unha homenaxe á memoria, á tradición e á raíz. Unha  lenda contem­poránea sobre a cultura sorobia e a galega. Os novos tempos traen cambios, nada fica como antes, tampouco para o vello muiñeiro e o seu muíño. O avance do tempo ameaza con desprazar e acabar co oficio que foi transmitido de xeración en xeración”.

Outras propostas

Galicreques ofrecerá hoxe outras catros funcións para o público escolar: Dientes de Leche, da compañía ecuatoriana Titiritainas, na Fundación SGAE; Inverno na lavandaría, de galega Danthea Teatro na Alameda; Los músicos de Bremen, da valenciana Teatro de Marionetas La Estrella no CSC de Santa Marta, Dinosauros, dos galegos de Larei lará no Teatro Principal, e Desde el Altillo. Historia de un Exilio, de Tres tigres, tamén na SGAE.

A programación inclúe hoxe tamén outras propostas para o público xeral. Ás 17.00 horas a Alameda recibirá a compañía ecuatoriana Espada de Madera, que representará a obra O tío Carachos. Trátase dunha proposta no mundo dos bonecos na que se integran o teatro de actores e monicreques dunha maneira precisa para cativar os nenos e nenas. “O encanto, a maxia e a tenrura son constantes ao longo de toda a obra que, sorpresa tras sorpresa, divirte e mais conmove”, segundo recolle o programa.

Ás 19.00 horas, tamén na Alameda, chegaralle a quenda á galega Olga Abad e a súa obra Un gran plan, que se enmarca na programación para público de adultos de Galicreques Cara Bé. Trátase dunha historia que conta como Sabrina axudou a salvar o mundo, “xa que dende o xénero da comedia todo pode suceder”.

Por último, o Teatro Principal recibe ás 20.00 horas a arxentina Gabriela González López, coa súa obra Lorca. Porvenir sin tiempo.  A dramaturxia desta obra permite albiscar entre a percepción poética, a ciencia e os momentos íntimos da vida humana.

Programación completa para hoxe

10.00 h | Salón Teatro | Lémbrame. Spominaj na mnje, do CDG e Bautzen Theater (Galicia-Alemaña)

10.30 h | Fundación SGAE | Dientes de leche, de Titiritains e Fundación Titirifue (Ecuador)

11.30 h | Alameda | Inverno na lavandería, de  Danthea Teatro (Galicia)


Publicidade

11.30 h | CSC Santa Marta | Los músicos de Bremen, de Teatro de Marionetas La Estrella (Valencia)

11.30 h | SGAE | Desde el Altillo. Historia de un exilio, de Tres Tigres (Arxentina)

12.00 h | Teatro Principal | Dinosauros, de Larei Lará (Galicia)

17.00 h | Alameda | El tío Carachos, de Espada de Madera (Ecuador)

18.00 h | Salón Teatro | Lémbrame. Spominaj na mnje, do CDG e Bautzen Theater (Galicia-Alemaña)

19.00 h | Alameda | Un gran plan, de Olga Abad (Galicia)

20.00 h | Teatro Principal | Lorca. Porvenir sin tiempo, de Gabriela González López (Arxentina)

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Xornadas Escena Galega 2022

O FIOT de Carballo acolle unha nova edición das xornadas profesionais de Escena Galega

Culturactiva Vía Morta

O FITO de Ourense inaugura a súa 17ª edición