in ,

A compañía arxentina El Rayo Misterioso trae ‘Buenos Días Señorita Lelia’ a Vigo

A Sala Ártika acolle hoxe a función hoxe ás 20.00 horas

BuenosDíasSeñoritaLelia
'BuenosDíasSeñoritaLelia', de El Rayo Misterioso.

A Sala Ártika, sita en Vigo, acolle hoxe, xoves 24 de outubro, a presentación da peza BuenosDíasSeñoritaLelia, da compañía arxentina El Rayo Misterioso, a partir das 20.00 horas. A peza viaxará despois a Ourense, onde o grupo laboratorio teatral fará unha función este sábado, 26 de outubro, no marco do FITO de Ourense, no Teatro Principal, ás 20.00 horas.

Sinopse

“BuenosDíasSeñoritaLelia dispara dende unha aula imaxes e situacións cargadas de sensorialidade. Eses nenos que son vítimas e verdugos á vez, transcorren a inocencia da infancia baixo un sistema que moldeou as súas conciencias á forza de abusos, opresión e cinismo. Dende as orixes da civilización crearon un inconsciente colectivo, creando unha realidade falsa a mercé das intereses perversas dunhas poucas.

Vaia este ensaio teatral e poético a quen o viviu, a quen o escoitou, aos novos nenos, porque a lembranza desta información emocional, debe estar presente para non permitir que aqueles, que son os mesmos de hoxe, sigan operando sobre as nosas conciencias”.


Publicidade

Ficha artística

Niños:
FERNÁNDEZ, Noemí: Victoria Guercetti.
GARCÍA, Mabel: Leticia Beux.
GONZÁLEZ, Marta: María de los Ángeles Oliver.
ORTIZ, Sergio: Exequiel Orteu.
PÉREZ, Graciela: Ada Cottu.
TORRES, Juan Carlos: Sebastián Arriete.
Produción: EL RAYO MISTERIOSO.
Operación técnica: Maywa Vargas.
Coreografía de tango: María de los Ángeles Oliver, Sebastián Arriete.
Texto, dramaturxia e dirección: Aldo El-Jatib Amato.

Teaser de BuenosdíasSeñoritaLelia.

O grupo

Fundado e dirixido por Aldo El-Jatib, o Grupo Laboratorio de Teatro “El Rayo Misterioso” funciona na cidade de Rosario (Arxentina) desde 1994, como asociación civil sen ánimo de lucro.
O grupo desenvolve un conxunto de actividades arredor do evento teatral e artístico, levadas a cabo unicamente polos propios membros que tamén son os actores e actrices de todos os espectáculos. A base de funcionamento son as dinámicas de grupo e os que integran El Rayo Misterioso traballan tanto a nivel artístico como profesional só neste proxecto.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Ada Byron © La Westia Producciones

Camiño Escena Norte pecha a súa sexta edición con ‘Ada Byron: la tejedora de números’

Foto: A Ramboia

A Ramboia estrea no FITO ‘Un tal Romeo’