in ,

A Ramboia estrea no FITO ‘Un tal Romeo’

Este xoves, 24 de outubro, ás 20h. no Teatro Principal de Ourense, dentro do FITO, A Ramboia estrea ‘Un tal Romeo’.

Foto: A Ramboia
Foto: A Ramboia

Este xoves, 24 de outubro, ás 20h. no Teatro Principal de Ourense, dentro do FITO, A Ramboia estrea Un tal Romeo.

Un tal Romeo é un espectáculo de A Ramboia con texto e dirección de María Peinado e os intérpretes Fran Lareu e Anxo García. Unha proposta de linguaxes contemporáneas que gra- vita ao redor dun dos personaxes Shakesperianos mais canónicos. Diversos Romeos descontextualizados redefinen o seu concepto de amor e a súa inherente masculinidade infecciosa nun continuo xogo de contrastes e tensión rítmica entre ondas coreográficas. Arroupado por unha tremoia escénica viva, un actor interpreta o papel de Romeo. Repasa pasaxes da obra Shakesperiana. Colga o cartel de función cancelada e, a continuación, destrúe a martelazos o balcón de Xulieta. “Que difícil é querer no 2024, que dificil é quererse.”, segundo apunta a compañía.

Ideada coa intención de ser unha compañía que se fundamente na investigación das relacións entre o teatro, a música e as artes plásticas desde a súa intersección no teatro de marionetas, nace Teatro da Ramboia no ano 2012, que no 2022 cambia o seu nome A Ramboia. Trátase dunha nova experiencia teatral de Anxo García despois de Viravolta e Seisdedos e a des- aparecida Teatro da Gavela. Unha compañía de espectáculos multidisciplinar creada coa intención de contrabandear ideas e imaxes a través das fronteiras existentes entre o teatro de marionetas e calquera outra forma de expresión.


Publicidade

No 2018 a equipa de A Ramboia amplíase, contando coa directora María Peinado e o actor Fran Lareu. A experiencia deles en compañías como ilMaquinario Teatro, A Cova das Letras, Elefante Elegante ou Viravolta e Seisdedos, serve de apoio a unha liña de creación que mestura a tradición coa contemporaneidade nas súas propostas, reforzando así o obxectivo de investigación que a propia compañía ten desde o seu inicio. En Outubro de 2018, Teatro da Ramboia gaña o I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais convocado pola Casa Museo Manuel María, co proxecto ‘O meu mundo non é deste reino’. O 7 de novembro de 2019 a compañía estrea no Auditorio Municipal de Ourense o espectáculo ‘O meu Mundo non é deste reino’. Unha proposta escénica multidisciplinar para público adulto que resulta dobremente premiada nos Premios de Teatro María Casares 2020 cos premios de Mellor Adaptación e Mellor Dirección, ambas para María Peinado.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

BuenosDíasSeñoritaLelia

A compañía arxentina El Rayo Misterioso trae ‘Buenos Días Señorita Lelia’ a Vigo

'A VIDA ÚTIL DA PORCELANA' (Galiza) de Samuel Merino e Silvia Penas. II Premio do VI Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2023. Foto: Afonso Becerra

Celébrase o VII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2024: Galiza + Portugal