Cunha oferta de máis de 20 propostas teatrais, Lugo une calidade, entretemento, espazo de reflexión e distintas linguaxes para presentar ás veciñas e veciños unha mostra do mellor que deu este ano nas artes escénicas galegas e do resto do estado.
Etiqueta: Teatro da Ramboia
Comeza a XVI Mostra de Teatro de Malpica
A ‘XVI Mostra de Teatro’ de Malpica dará comezo hoxe, venres, 30 de outubro, e estenderase ata o 11 de decembro. A programación estará marcada polo protocolo hixiénico-sanitario, e desde o goberno local engaden que “as sesións estarán condicionadas ao contexto vixente no momento de celebrarse”. As restricións de capacidade dos espazos fai necesaria a […]
Cristina Moreira dirixirá a gala dos XXIV Premios de Teatro María Casares
O elenco estará conformado por Déborah Vukušić, Arantxa Treus, Antía Costas e Rocío Romero. Laura Iturralde encargarase da dirección de arte e a música correrá a cargo de Nacho Muñoz. | Foto: LaDiapo | A actriz, directora e cómica Cristina Moreira será a encargada de dirixir a Gala dos XXIV Premios de Teatro María […]
Un total de 16 espectáculos competirán como finalistas nos XXIV Premios María Casares
O espectáculo Liberto, de Marelas Producións, aspira a sete galardóns, mentres que Bernarda, de Malasombra, e Fariña, de Ainé Producións, Undodez e Oqueteño Media, optan a cinco galardóns. Estes tres espectáculos, que acaparan o maior número de finalistas, disputaranse ademais o premio ao mellor espectáculo. Un total de 16 espectáculos competirán en calidade de […]
Un total de 30 espectáculos inscríbense nos XXIV Premios de Teatro María Casares
A primeira rolda de votacións xa está aberta a un censo de votantes conformado por máis de 450 profesionais do sector escénico. O proceso de votación rematará o 17 de febreiro e del sairán os/as finalistas en cada unha das catorce categorías cos que contan os galardóns Un total de 30 espectáculos e máis […]
Carballo propón 8 obras de teatro e 2 concertos para este trimestre
Dentro do programa de sala dos venres, o Pazo da Cultura de Carballo acollerá catro espectáculos infantís do ciclo “En familia”, catro espectáculos de teatro para adultos e dous concertos. Os espectáculos serán: Carabela, de Galaeatro, o domingo 19 de xaneiro; O meu mundo non é deste reino, de Teatro da Ramboia, o venres […]
O Auditorio Municipal de Ourense ofrece 15 espectáculos como socio da Rede Galega de Teatros
O Auditorio Municipal de Ourense ofrecerá ata finais de decembro 15 funcións doutros tantos espectáculos de teatro para público adulto e infantil, como parte da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA). Así quedou recollido no convenio entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Concello de Ourense, que foi asinado en […]
Teatro da Ramboia anuncia a estrea de ‘O meu mundo non é deste reino’ en Ourense
A obra, baseada na Farsa de Bululú de Manuel María, foi a gañadora do I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais convocado pola Fundación e Casa-Museo Manuel María. | Foto: Sabela Peinado | Teatro da Ramboia anuncia a estrea de O meu mundo non é deste reino, o 7 de novembro, ás 20:30, no Auditorio […]
Comeza a nova tempada da Rede Galega de Teatros e Auditorios
No segundo período de programación, que se estenderá de agosto a decembro, Contraproducións, Chévere, Limiar Teatro en coprodución co Centro Dramático Galego, Odaiko, Pérez&Fernández, Producións Dispersas, Producións Teatráis Excéntricas, Teatro da Ramboia e Sarabela Teatro presentarán novas producións. Budiño será o encargado de abrir mañá en Burela o segundo período da programación anual da Rede Galega de […]
María Peinado: “Non ten sentido unha axuda á produción se despois a compañía non ten funcións”
Teatro da Ramboia vén de acadar o I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais con O meu Mundo non é deste Reino, “unha proposta de gran coherencia co universo dramático do poeta lugués”, segundo a resolución do xurado. A compañía, formada por María Peinado, Fran Lareu e Anxo García, estreará a obra no próximo mes […]
Teatro da Ramboia acada o I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais
O Teatro Rosalía da Coruña acolleu a entrega do premio correspondente ao I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais convocado pola Fundación e Casa-Museo Manuel María coa colaboración de 23 concellos e 3 deputacións. Teatro da Ramboia co proxecto realizado sobre o texto O meu mundo non é deste reino ou Farsa de Bululú foi […]