Carballo propón 8 obras de teatro e 2 concertos para este trimestre

Dentro do programa de sala dos venres, o Pazo da Cultura de Carballo acollerá catro espectáculos infantís do ciclo “En familia”, catro espectáculos de teatro para adultos e dous concertos.

 

Os espectáculos serán: Carabela, de Galaeatro, o domingo 19 de xaneiro; O meu mundo non é deste reino, de Teatro da Ramboia, o venres 7 de febreiro; Lambetadas, de Talía Teatro, o domingo 9 de febreiro; o festival Rock Carballo, o venres 28 de febreiro; Invisibles, de Redrum Teatro, o 6 de marzo; El efecto boomerang, concerto de Silvia Penide, o venres 13 de marzo; Paio e o poder da música, de Oviravai, o domingo 15 de marzo; Curva España, de Chévere, o venres 20 de marzo; Liberto, de Marelas Producións, o venres 27 de marzo; e Arlequina, de Os monicreques de Kukas, o domingo 29 de marzo.

O prezo da entradas é de 3 e 4 euros, segundo o espectáculo (prezo reducido de 2 e 3 euros para maiores de 60 anos, estudantes con carné de estudante e menores de 18); e o dos bonos, de 15 euros (10 o bono de prezo reducido). Poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo o mesmo día da función, desde 90 minutos antes do inicio.

Deixar unha resposta