Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicos regresan ao Club Clavicémbalo este xoves, venres e sábado en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión representaranse, coma sempre, catro pezas novas. Poderanse mercar entradas a través da plataforma dixital Woutick no seguinte enlace: https://www.woutick.es/evento/26996/entradas- microefectos-dramaturxicos-2024 Tamén haberá entradas dispoñíbeis na billeteira en cada un dos pases.
O grupo, que cumpriu once anos de existencia o pasado mes de maio, pon en escena pezas teatrais duns quince minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.
Pezas:
- Habelas Hainas. Escribe e dirixe Pepe Saavedra. Interpretan: Anxo Manoel, Brian Rodríguez, Raquel López Cendán e Almudena Graña.
- Jefe! Escribe e dirixe Anxo Manoel. Interpretan: María Grandío, Brais
García e Anxo Manoel.
- O balneario. Escribe e dirixe María Grandío. Interpretan: Elvira
Velasco, María Grandío e Anxo Manoel.
- Unha boa persoa. Escribe e dirixe Brais García. Interpretan Brian
Rodríguez, Brais García, Elvira Velasco e Anxo Manoel.