in

Ana Vallés recibe a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes do Goberno do Estado

Ana Vallés. Foto: Matarile.
Ana Vallés. Foto: Matarile.

O Consello de Ministros, a proposta do ministro de Cultura, Ernest Urtasun, aprobou o 23 de decembro a concesión das Medallas de Ouro ao Mérito nas Belas Artes correspondentes ao ano 2024 a 38 personalidades e institucións do mundo da cultura.

A Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes é un recoñecemento que distingue a persoas e entidades que se destacaron no ámbito da creación artística e cultural ou prestaron servizos destacados na promoción, desenvolvemento ou difusión da arte e da cultura ou na conservación do patrimonio artístico.

En teatro, foille concedida a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes á dramaturga, directora e actriz Ana Vallés.

Na noticia que difunde o Ministerio de Cultura sinala:


Publicidade

“Ana María González-Vallés Sixto (Ana Vallés). Dramaturga, directora de escena, bailarina, actriz e poeta visual nacida en Ferrol (A Coruña). É cofundadora de Matarile Teatro (1986) con Baltasar Patiño, desde onde dirixiu máis de 30 montaxes que fusionan teatro, danza, performance e circo. O seu enfoque innovador foi recoñecido con importantes premios internacionais. Foi pioneira na creación de espazos como o Teatro Galán, o Festival En Pé de Pedra e a Sala Montiel, fundamentais para a difusión das artes escénicas contemporáneas en Galicia.”

Unha das súas últimas creacións foi Sobre o extravío ou a arte de perderse, xunto a Nuria Sotelo, unha coprodución da Cía. Furia Sotelo coa Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivos de Cangas do Morrazo, que se estreou o 28 de xuño de 2024 nun espazo non convencional, na Sala de exposicións do Auditorio Xosé Manuel Pazos Varela de Cangas, e o 17 de outubro no Teatro Principal de Ourense.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Henrique Harguindey Banet na 40ª MITCF de Cangas do Morrazo. Foto: Diego Seixo.

Henrique Harguindey Banet in memoriam