A Fundación Paideia Galiza e a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, impulsan o ciclo de conversas Entre formas e palabras. O terceiro encontro do ciclo, que leva por título “Tecendo redes” celébrase hoxe, 2 de agosto, a partir das 11:30 horas no marco do Festival Danza no Claustro, no Salón de Plenos do Concello de Xunqueira de Espadanedo (Ourense).
Esta xornada centrarase na importancia das redes de colaboración no ámbito da danza contemporánea e contará coa participación de Maruxa Salas e Erik Jiménez, coreógrafos e intérpretes da compañía SóLODOS, e impulsores de proxectos referenciais como os festivais SóLODOS en Danza (Ourense e Costa Rica), Danza no Claustro e Danza no Camiño. A eles sumarase Natividad Buil, directora do Festival Trayectos, un espazo pioneiro de danza contemporánea en contextos urbanos.
O showcase desta edición correrá a cargo de Clara Ferrao Diz, bailarina, creadora e docente especializada en danza contemporánea, e a conversa estará conducida pola bailarina, coreógrafa e xestora cultural Paula Quintas.
- O FIOT estrea ‘Territorio Regueifa’ - 21/01/2026
- Vigocultura dá a coñecer a súa nova programación - 16/01/2026
- Carlota Mosquera estrea ‘Ninguén tira fotos nos enterros’ - 15/01/2026



