Logo de tres meses dende a súa última celebración, os Microefectos Dramatúrxicos regresaron esta semana ao Club Clavicémbalo de Lugo. Despois dunha sesión o xoves e outra onte, hoxe, sábado, desenvolverán novos pases ás 20:30 e 22:30. Representaranse catro pezas novas. Poderanse mercar as entradas en liña e tamén haberá entradas dispoñíbeis no despacho de billetes en cada un dos pases.
O grupo, que cumpriu doce anos de existencia o pasado mes de maio, pon en escena pezas teatrais duns vinte minutos de duración nas que contan historias da vida, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa a capacidade do Club Clavicémbalo.
As catro pezas son:
- Trabadas na noite. Escribe e dirixe Raquel López Cendán. Interpretan: Elvira Velasco, Raquel López Cendán e Brais García.
- Vida salvaxe. Areais de estío. Escribe e dirixe Brais García. Interpretan: Brian Rodríguez, María Grandío, Raquel López Cendán e Brais García.
- Farolas e dragóns. Escribe e dirixe Isa Herrero. Interpretan: Isa Herrero, Elvira Velasco, Brian Rodríguez e Anxo Manoel.
- Ergono-agonía. Escribe e dirixe Brian Rodríguez. Interpretan: María Grandío, Isa Herrero, Anxo Manoel e Brian Rodríguez.
- O festival internacional Galicia Magic Fest está a celebrar a súa novena edición - 03/01/2026
- Falece o actor Miquel Insua - 31/12/2025
- ButacaZero despide ‘IRIBARNE’ - 30/12/2025



