Sinopse
“A Metamorfose é a máis célebre novela de Franz Kafka e unha das máis importantes de toda a historia da literatura. Sen a menor cerimonia, o texto coloca o lector diante do famoso Gregor Samsa, transformado en insecto monstruoso. A partir de aí, a historia é narrada cun realismo inesperado que asocia o inverosímil e o sentido de humor ao que é tráxico, grotesco e cruel na condición humana (todo no estilo transparente e perfecto dese mestre inconfundíbel da ficción universal). Rescataremos na versión escénica de Carlos Álvarez-Ossorio a dimensión cómica, grotesca do texto, que ocasionalmente desemboca no hilarante slapstick.
Que pasa cando lle quitamos a categoría de humano a un ser humano? Se non son seres humanos, entón, que son? Bechos, insectos? A metamorfose mostra a necesidade do ser humano de ser recoñecido, valorado e amado polo que é, non polo que produce ou achega”.
Ficha artística
- Sete persoas e entidades foron distinguidas nos IV Recoñecementos de Escena Galega das Artes Escénicas - 07/07/2026
- Moaña acolle a primeira edición do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu - 03/07/2026
- O Convento de Santa Clara acolle a Bienal de Artes Vivas de Pontevedra - 03/07/2026



