O alcalde de Vigo, Abel Caballero presentou hoxe, acompañado pola primeira tenente de alcalde e os concelleiros de Cultura e Seguridade, o programa da nova temporada de Vigocultura, que desenvolverá o Concello durante os meses de outubro e novembro.
O rexedor da cidade olívica explicou que durante os próximos dous meses se desenvolverá unha programación que inclúe 26 espectáculos, dos cales dous se realizarán na rúa do Príncipe e en Porta do Sol, e o resto no Auditorio Municipal, con 15 actuacións para público adulto e 9 para toda a familia.
Inauguración con propostas de rúa
Caballero adiantou que o venres 3 de outubro, a partir das 20:00 horas, a rúa Príncipe e Porta do Sol serán os escenarios do espectáculo de rúa Pilots, de A Finestra Nou Circ, que incorpora as artes circenses, que abrirá o programa. Un día despois, o sábado 4 de outubro, está programado, tamén ás oito da tarde e nas mesmas localizacións, o espectáculo A viaxe imposible. Tributo a Julio Verne, de Pablo Méndez Performance.
O cartel de representacións programadas no Auditorio Municipal comezará o venres 10 de outubro e desenvolverase ata o domingo 30 de novembro. As representacións para familias terán lugar os domingos e as dirixidas ao público adulto os venres e sábados.
Entradas
O alcalde explicou tamén que existe a posibilidade de adquirir abonos á carta para asistir a 5 ou 10 representacións, con descontos do 10 e 25 por cento, respectivamente; ou a de mercar as entradas soltas para cada función. Ademais, as entradas 30 por cento para os menores de 25 anos que adquiran entradas soltas. O Concello reserva 4 espazo para persoas con mobilidade reducida e asentos para os seus acompañantes.
As entradas poderán adquirirse a partir do vindeiro luns 29 de setembro, a partir das 10.00 horas; tanto en formato físico como dixital: na librería Libros para soñar (situada no número 1 da rúa Triunfo) ou a través da páxina web Giglon. Ademais, se quedan entradas dispoñibles poderán mercarse tamén o propio día do espectáculo no despacho de billetes do Auditorio Municipal.
Programa para público adulto no Auditorio
Outubro
- Venres 10: Música para Hitler, de Talycual Producións.
- Sábado 11: Miss Bujía, de Marta Larralde Cía.(Estrea).
- Venres 17: O monstro de White Roses, de O Aedo Teatro.
- Sábado 18: Éche unha risa, monólogos con Arantxa Treus, Xasmín Abuín e Darío Mares.
- Venres 24: Trash, con Yllana&Tothem.
- Sábado 25: Guerra, de Teatro do Noroeste.
- Venres 31: As preciosas ridículas, de Arroz con Costura.
Novembro:
- Sábado 1: Nevenka, de Histrión Teatro.
- Sábado 8: Xoguetes rotos, de Barrosanta e ButacaZero.
- Venres 14 de novembro: Cicatriz, de Kirenia Danza.
- Sábado 15: Camiño das Rocas, concerto de Pablo Lesuit.
- Venres 21: O espírito de Vania, de Machi Salgado.
- Sábado 22: Sophie non é o meu nome de guerra, de Redrum Teatro.
- Venres 28: Un deus salvaxe, de Talía Teatro.
- Sábado 29: Metamorfose, de Sarabela Teatro.
Programa público familiar no Auditorio
Outubro
- Domingo 5: Bulebule, de Os Náufragos Teatro.
- Domingo 12: Viaxe ao planeta de todo é posible, de Índigo Teatro.
- Domingo 19: A Cincenta que non quería comer perdices, de Sarabela Teatro.
- Domingo 26: O arcón de Noa, de Amarelo. (Estrea).
Novembro
- Domingo 2: Teatro de papel, de Rauxa CIA.
- Domingo 9: Momento musical para familias con bebés, de Bolboreta e Lydia Botana.
- Domingo 16: Bichitos, de Spasmo Teatro.
- Domingo 23: Conto de Nadal: Encapsulando a Dickens, de Societé Mouffette & Coma14.
- Domingo 30: Singularia, de Magia en la Manga – Sara Rodríguez.
Podes consultar e descargar aquí o programa completo da programación de VigoCultura
- O festival internacional Galicia Magic Fest está a celebrar a súa novena edición - 03/01/2026
- Falece o actor Miquel Insua - 31/12/2025
- ButacaZero despide ‘IRIBARNE’ - 30/12/2025



