in

A Deputación clausura a 32ª Bienal de Arte de Pontevedra cunha actuación de La Ribot

Este venres, ás 20.00 horas

LaBOLA, de La Ribot
'LaBOLA', de La Ribot. Foto de Guillermo Gumiel.

Cun acto no Salón de Actos do Pazo provincial no que actuará a compañía La Ribot e que tamén servirá para pechar o ciclo Artes Vivas. Dese xeito porá fin a Deputación de Pontevedra á 32ª Bienal de Arte este venres, 26 de setembro, a partir das 20:00 horas. O presidente provincial Luis López clausurará xunto co vicepresidente Rafa Domínguez esta cita cultural que está considerada a Bienal de Arte máis antiga de España e que se desenvolveu entre xuño e setembro. Debido á capacidade limitada do espazo é preciso facer inscrición previa.

A 32ª edición da Bienal de Arte de  Pontevedra remata do mesmo xeito que comezou, cunha acción artística. Se esta cita cultural arrancou coa intervención de luz e son sobre a fachada da capela da Peregrina, da man de Patrick Warrener, o peche estará protagonizado pola peza LaBOLA da compañía de danza La Ribot, Premio Nacional de Danza e León de Ouro da Bienal de Danza de Venecia. Esta acción, ademais, porá fin ao ciclo de Artes Vivas da Bienal, comisariado por Iñaki Martínez Antelo, que activou espazos urbanos, patrimoniais e industriais de diferentes lugares da provincia converténdoos en escenarios efémeros abertos ao público para favorecer encontros e experiencias culturais.

LaBOLA, concibida con motivo do inicio da Presidencia Española do Consello da Unión Europea en 2023, será interpretada por un ensemble formado polos bailarins: Mathilde Carmen Chan, Ludovico Paladini e Jan Pollert. “Nun movemento de espiral permanente, tres intérpretes intercambian o vestiario, danlles vida aos obxectos e compoñen co momento presente e os seus accidentes. Dese movemento xorden imaxes fugaces, compostas no momento, nun xogo de cores e rexistros en cambio constante”, destacan dende a Deputación.

La Ribot é coreógrafa, bailarina e artista visual e, ao longo da súa traxectoria, foi desenvolvendo un corpo de traballo baseado na exploración dos límites do corpo, da danza, do espectáculo e das artes visuais, así como na busca de novos modos e espazos para mostrar as súas pezas. En 2021 recibiu o León de Ouro á súa carreira na Bienal de Venecia de Danza, galardón que se sumou ao Premio Nacional de Danza e á Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes, os cales outorga o Ministerio de Cultura do Goberno de España, ademais de recibir en 2019 o Gran Premio Suízo da Danza.

 

Redacción

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Maribingo Foto de Miguel Balbuena

Cambados acolle unha nova edición do festival DESFOGA

Presentación da programación de Vigocultura para o segundo semestre de 2025

Vigocultura presenta a súa programación para o segundo semestre de 2025