Unha mestura do clown poético de Arturo Cobas cos equilibrios en movemento de Paula Quintas. Así se presenta o espectáculo ROYAL, que terá a súa estrea mañá, sábado 7 de marzo, ás 18 horas, na Casa das Máquinas, en Santiago de Compostela.
A peza, cocreada por Paula Quintas e Arturo Cobas, e dirixida ao público familiar, combina circo e danza con ritmo, humor, emoción e acrobacias. As entradas para a estrea son de balde ata completar a capacidade do espazo.
Ficha artística e técnica
Idea orixinal e interpretación: Arturo Cobas e Paula Quintas.
Asistencia de dirección: Natalia Outeiro, “Pajarito”.
Espazo estético: Ana Gesto.
Iluminación: Xacobo Torres.
Espazo sonoro e composición musical: Xabier Mera e Nacho Muñoz.
Deseño gráfico: Eva Díaz.
Foto: Fotográficas Oviedo e Sabela Eiriz.
Audiovisual: Miramemira.
Distribución: Pistacatro Productora de Soños S.L.



