in ,

Colectivo Glovo convoca unha nova edición das residencias Atopémonos Bailando

En colaboración coa Área de Cultura, Turismo e Lingua do Concello de Lugo e co apoio de Agadic

Foto: Cía. Elvi Balboa.
ANÖA, da Cía. Elvi Balboa, foi un dos proxectos seleccionados na edición de 2024 de Atopémonos Bailando. Foto: Cía. Elvi Balboa.

A compañía de danza Colectivo Glovo vén de presentar as bases convocatoria de residencias artísticas e de investigación Atopémonos Bailando en 2026, dirixidas ás artistas e compañías profesionais de danza e artes do movemento. Trátase dun programa impulsado en colaboración coa Área de Cultura, Turismo e Lingua do Concello de Lugo, e co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia.

13 proxectos seleccionados

Nesta edición, convócase a profesionais de danza e artes do movemento con sede en España e/ou Portugal a presentar os seus proxectos para a realización de 13 residencias artísticas e/ou de investigación (exclúense residencias técnicas) para seren realizadas entre os meses de abril e novembro de 2026. Sete delas desenvolveranse en Lugo e as outras seis poderán facerse en réxime de intercambio con estruturas de Portugal, España e Costa Rica.

Período de solicitude e de realización

Poderán presentarse proxectos para a cuarta edición das residencias Atopémonos Bailando ata as 23:59 horas do vindeiro 5 de abril. As residencias realizaranse entre o 6 de abril e o 30 de novembro de 2026.

Duración

As residencias poderán ter as seguintes duracións e desenvolverse nos seguintes períodos:

  • Residencias en Lugo: entre 5 e 10 días (abril – novembro 2026)
  • Residencia en intercambio con Costa Rica – Taller Nacional de Danza: 15 días (outubro – novembro 2026)
  • Residencia en intercambio con Portugal – Teatro Experimental Flaviense – Cine-Teatro Bento Martins – Chaves: 7 días (31 maio ao 6 de xuño de 2026)
  • Residencia en intercambio con Portugal – 34.ª Quinzena de Dança de Almada: 7 días (28 setembro – 5 outubro 2026)
  • Residencia en intercambio con Portugal – teatromosca – AMAS: 7 días (14 ao 20 de setembro 2026)
  • Residencia en intercambio con Donostia-San Sebastián – Festival LaboXL – Gipuzkoako Dantzagunea: 7 días (5 ao 13 de novembro 2026)
  • Residencia en intercambio con Centro Cultural de Macedo de Cavaleiros – Bragança: 7 días (22 ao 29 de novembro de 2026)

Tipoloxía

O programa ofrece residencias de investigación ou creación para profesionais individuais ou equipos que fundamenten o seu traballo artístico arredor do movemento e do corpo.

Espazos

  • Museo MIHL de Lugo
  • Teatro Experimental Flaviense – Cine-Teatro Bento Martins – Chaves – Portugal
  • 33.ª Quinzena de Dança de Almada – International Dance Festival – Almada – Portugal
  • Espazo teatromosca de Portugal: AMAS – AUDITÓRIO MUNICIPAL ANTÓNIO SILVA – Portugal
  • Festival LaboXL – Gipuzkoako Dantzagunea – Donostia-San Sebastián
  • Taller Nacional de Danza de Costa Rica
  • Centro Cultural de Macedo de Cavaleiros – Portugal

Compromisos

Cada persoa ou persoas seleccionadas comprometeranse ao seguinte:

  • Realizar a residencia no período acordado por ambas as partes.
  • Asinar o contrato antes do inicio da residencia.
  • Realizar unha actividade de mediación: sesión aberta da residencia para a comunidade local e/ou comunidade artística do territorio ou realizar un obradoiro (que será definido pola persoa ou persoas solicitantes).
  • -Realizar unha memoria descritiva da residencia (dun máximo de 5 páxinas) e entregala nun prazo máximo de 15 días desde a finalización da residencia.
  • Autorizar o rexistro en vídeo e foto da residencia.
  • Incorporar os logotipos de Atopémonos Bailando na documentación que xere o proxecto, así como compartir e etiquetar o proxecto nas redes sociais.
  • Respectar as instalacións e a contorna.

Ademais, establécense as seguintes condicións específicas, ademais de ter que cumprir coas bases xerais:

  • Para o intercambio coa entidade de Costa Rica, o Taller Nacional de Danza de Costa Rica, é imprescindible ter dispoñibles un máximo de 2 semanas consecutivas entre os meses de outubro e novembro de 2026.
  • Para o intercambio coa entidade de Portugal  Quinzena de Dança de Almada é imprescindible ter dispoñibilidade do 28 setembro ao 5 outubro 2026.
  • Para o intercambio coa entidade de Portugal  teatromosca AMAS é imprescindible ter dispoñibilidade do 14 ao 20 de setembro 2026.
  • Para o intercambio coa entidade de Donostia Festival LABO XL é imprescindible ter dispoñibilidade do 5 ao 13 de novembro de 2026.
  • Para o intercambio coa entidade de Centro Cultural de Macedo de Cavaleiros é imprescindible ter dispoñibilidade do 22 ao 29 de novembro de 2026.

Achegas da entidade

As persoas e compañías beneficiarias das residencias contarán coas seguintes achegas, a cargo da convocatoria:  

  • Rexistro audiovisual da residencia.
  • Remuneración entre 700 € e 2000 € (IVE incluído) por residencia. Realizarase o pago nun prazo máximo de 40 días contando desde a entrega da memoria e da factura correspondente ao final do período de residencia.

Todos os gastos das residencias correrán a cargo da persoa solicitante, agás as condicións específicas dos intercambios, xa que, alén das achegas xerais, nas residencias realizadas en intercambio con entidades doutros países proporcionarase tamén o seguinte:

  • Para o intercambio con Costa Rica – Taller Nacional de Danza Costa Rica proporcionaranse e xestionaranse os billetes de avión a Costa Rica, ademais dos seus traslados, aloxamentos e manutención, durante toda a residencia (2 semanas).
  • Para os intercambios con Portugal (Teatro Experimental Flaviense – Cine-Teatro Bento Martins, Quinzena de Dança de Almada – International Dance Festival e Espazo teatromosca de Portugal: AMAS – AUDITÓRIO MUNICIPAL ANTÓNIO SILVA) proporcionaranse e xestionaranse os aloxamentos e manutención, durante toda a residencia.

Documentación

As solicitudes deberán incluír a seguinte documentación:

  • Dossier descritivo dos obxectivos da residencia, metodoloxía, contidos e ligazóns a traballos anteriores (máximo 5 páxinas).
  • Duración da residencia e estrutura do traballo a desenvolver e proposta de actividade de mediación (contidos, público destinatario e duración) (máximo 2 páxinas).
  • Currículo do equipo artístico e técnico do proxecto (máximo 1 páxina por artista).
  • Datos completos da residencia fiscal da persoa solicitante, relación de DNI das persoas participantes na residencia e rol no proxecto.
  • Ademais, deberán especificar de xeito claro a que modalidade de residencia queren concorrer.

Toda a documentación achegarase a través do seguinte formulario .  Poderá ser enviada en galego, castelán, portugués e inglés.

Valoración e resolución

A organización do programa nomeará unha comisión de valoración de proxectos formada por profesionais do sector.  Das trece residencias reservarase “aproximadamente un 50 por cento” para profesionais de Galicia”, segundo establece a convocatoria.

A resolución publicarase a partir do 6 de abril de 2026 na páxina web do programa Atopémonos Bailando e nas súas redes sociais.

Redacción

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

'Mercedes máis eu' no 15º GUIdance. Foto: Centro Cultural Vila Flor de Guimarães.

Sincronizar a diversidade através da dança