Sabela Mendoza
(Santiago de Compostela, 1984). Investigadora e xestora cultural, centra o seu traballo nas artes escénicas e na creación contemporánea, especialmente no estudo da danza e na análise de políticas culturais. Licenciada en Dereito pola Universidade de Vigo, Máster en Xestión Cultural pola Universidad Carlos III e Máster en Práctica Escénica e Cultura Visual pola Universidad de Castilla- La Mancha e o Museo Reina Sofía. Comeza a traballar como coordinadora de proxectos culturais no 2008 en Madrid, en institucións como a Residencia de Estudiantes (2008-2010), na que coordinou o programa do seu Centenario, ou a empresa i con i (2011-2015), na que dirixiu o Festival Ilustratour. Como profesional independiente ten traballado como curadora, asesora ou xestora para Hablar en Arte, Teatro Pradillo, Consultarte, Proxecta ou o festival Curtocircuíto, entre outras. Formouse en danza e artes do movemento e no 2016 estrea a performance ‘O público está aquí’, publicada posteriormente como libro pola editora Estraperlo. Desde 2016 vive e traballa en Galiza, onde colabora de forma estable co coreógrafo Javier Martín. No 2018 pon en marcha De corpos presentes, plataforma galega para as artes performativas contemporáneas. É Vicepresidenta da asociación Emprendo Danza e co-responsable do programa de mediación en danza e artes vivas 'Cara a unha escena plural' xunto con Caterina Varela, con quen comparte tamén a coordinación do Taller de público(s) no Teatro Rosalía Castro de A Coruña. Escribe sobre danza en diversas publicacións e no seu blogue acuerpodebaile.com, é membro do Consello de Redacción da erregueté e colaboradora do Diario Cultural da Radio Galega.