Encontro Ibérico de Revistas de Teatro

 

Coa intención de dar a coñecer a realidade das diferentes publicacións periódicas sobre artes escénicas e reflexionar sobre a súa propia condición, a erregueté – Revista Galega de Teatro, en colaboración con Cena Lusófona, de Coimbra, organizou diferentes encontros ibéricos de publicacións periódicas sobre artes escénicas:

  • 2008, no marco da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas
  • no 2010, tamén no marco da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas
  • no 2011 dentro do Festival Internacional de Teatro de Expresión Ibérica do Porto no 2011.

Nos dous primeiros encontros, celebrados en Cangas, asistiron publicacións como Casahamlet, La Ratonera, ADE, Assaig de Teatre, Artez, Sinais de Cena, Sete Palcos ou Zirkólika.

No terceiro encontro, celebrado no Festival Internacional de Teatro de Expresión Ibérica do Porto, ás anteriores sumáronse á xuntanza Las puertas del Drama e Contraluz.

 


Máis sobre a erregueté | Revista Galega de Teatro: