Revista Galega de Teatro

Cambia ao modo escuro, máis amable cos teus ollos na noite.

Cambia ao modo claro, máis amable cos teus ollos durante o día.

Revista Galega de Teatro

Publicidade

Publicidade

FTMC – Boletín informativo # 15

Marzo 2021

Para esta primavera recomendamos que procuredes entre os andeis da Biblioteca Pública Central de Cangas, no Fondo Teatral María Casares, os seguintes libros en castelán e galego, así como unha revista en portugués.   

FTMC Pim pam clown

Pim, pam, clown

(La guerra de los payasos)
de Tomás Afán Muñoz

Asociación Española de Teatro para la Infancia y la Juventud-ASSITEJ (2003). Premio ASSITEJ 2003 (Castelán)

FTMC Marsillach

Tan lejos, tan cerca

de Adolfo Marsillach

Tusquets Editores (2001)

(Castelán)

Este libro está composto por nove pezas pequenas de dous ou tres personaxes, todas elas relacionadas dalgún xeito co exército e a guerra. Os diálogos, con apenas anotacións, son moi áxiles, absurdos e están cheos de humor. Con moita crítica, o autor fala dun asunto tan serio como a guerra, amosando distintos aspectos da mesma desde a inxenuidade e o asombro dos personaxes, tal coma nun xogo infantil.

Ao longo das nove escenas vaise confrontando o xogo coa realidade, levando ao cómico algo tan duro, pois detrás dos enfrontamentos armados da vida real tamén hai moito de irracional. Aquí son os personaxes aloucados os que amosan o absurdo da realidade.

É un texto perfecto para traballar desde os primeiros cursos de primaria. Ben para pór en escena, hai que destacar a súa sinxeleza,ou óptima tamén para lecturas dramatizadas. É un tipo de texto que permite unha participación coral do alumnado sen necesidade de facer ningún tipo de adaptación.

Permite por outra banda un traballo interesante de análise na área de lingua, pois o texto contén incorreccións ortográficas e lingüísticas co fin de caracterizar aos personaxes ou de resaltar o carácter cómico das escenas.

Tomás Afán Muñoz é dramaturgo, actor, director e produtor teatral. É un dos directores da compañía de teatro La Paca, e conta cunha grande cantidade de premios.

Temos aquí a autobiografía de Adolfo Marsillach (Barcelona, 1928 – Madrid, 2002), unha das figuras máis importantes do teatro español. Fundador do Centro Dramático Nacional en 1978, creador da Compañía Nacional de Teatro Clásico en 1985, foi tamén Director Xeral do Instituto Nacional das Artes Escénicas e a Música (INAEM).

Marsillach desenvolveu, ao longo de máis cincuenta anos, unha intensa e polifacética actividade dentro do mundo do espectáculo: director, actor en teatro, cine e televisión, guionista, empresario e articulista irónico e polémico. Mais, tamén, viviu entre bastidores as miserias e as grandezas do seu oficio.

Nesta singular autobiografía -gañadora do XI Premio Comillas- conta a aventura da súa vida pública e privada, retratando, dun xeito descarnado e cheo de humor, o desenvolvemento do que foi o teatro, o cine e a televisión española desde a posguerra até os nosos días.

O volume está ilustrado con abundantes fotografías.

FTMC Pociñas

Tres obras teatrais

Medea en Camariñas / Unha tardiña en Mitilene / Antígona ante os xuíces
de Andrés Pociña

Edicións Laiovento (2018)

Tagen Ata

de Xosé Luís Méndez Ferrín

Versión de Manuel Guede e Eduardo Alonso. Edicións Positivas (2019). Colección DiTeatro nº 7

Estas tres primeiras obras teatrais de Andrés Pociña foron publicadas, curiosamente, antes español, italiano e portugués; e as tres foron representadas neses países. Edicións Laiovento editounas -por fin!- en galego hai un par de anos e agora agardan ser representadas na nosa lingua.

Medea en Camariñas consiste nun monólogo dunha Medea xa vella, que explica por si mesma os feitos da súa existencia ás mulleres de Camariñas que están lavando nun daqueles vellos lavadoiros.

Unha tardiña en Mitilene, lévanos ás conversas da poeta Safo coas discípulas que viven con ela: sobre poesía, música, política, amizade, amor, en resumo, da vida. Cousas e ideas doutros tempos, sempre vixentes hoxe en día.

Antígona ante os xuíces foi estreada no ano 2017 en italiano, nun lugar excepcional: o Mausoleo de Cicerón en Formia. Trátase dunha visión nova da máis exemplar rapaza da mitoloxía antiga, enfrontándose a un tribunal e ao pobo de Tebas, coa fin de defender con enerxía o seu comportamento.

Esta versión dramatizada da novela de Xosé Luís Méndez Ferrín comeza cunha introdución de Inma António, onde nos fai saber de todo o proceso da creación teatral desde a primeiro momento no que ela toma contacto coa proposta ata a produción final. Resulta moi interesante a relación da actriz coa obra, así como a súa memoria dos ensaios e o traballo en xeral cos compañeiros do espectáculo. Amosa, tamén, a visión desde o punto de vista da actriz da situación do teatro galego por aquelas alturas.

A continuación, Miguel Pernas céntrase máis no argumento da historia, facendo referencia ás  relacións persoais que se estableceron na montaxe.

O texto dramatizado, que en si é unha adaptación moi resumida da obra de Ferrín, céntrase nos dous personaxes principais: Rotbaf Luden e Ulm Roan. Aínda que é moi interesante para o desenlace a presenza do policía, interpretado igualmente por Pernas. A pesar da da brevidade, queda clara a idea do personaxe da Moza, a cal chega a Tagen Ata cunha idea e un obxectivo político claro e, no encontro coa persoa que había ser o seu contacto, descubre o desexo, a traizón e a decepción.

Retorno a Tagen Ata é unha novela emblemática de Ferrín. Unha alegoría da situación do nacionalismo galego do momento, mais, tamén, pode selo doutras nacións sen estado. No texto, Ferrín rompe co galeguismo máis posibilista e toma posición cara un nacionalismo máis radical.

FTMC Setepalcos

Setepalcos

Teatro Galego
de VVAA

Revista de Cena Lusofona. Associaçao para o Intercâmbio Teatral. Numero quatro. Maio de 2003. (Portugués)

A erregueté | Revista Galega de Teatro sempre estivo moi atenta e sentiu curiosidade, desde a súa fundación, polo que acontecía no teatro portugués. Mostra deste interese son as moitas páxinas da revista dedicadas ás compañías do país veciño, aos seus festivais, as entrevistas feitas aos seus profesionais -ver como exemplo a ultima con Fernando Jorge Lopes– e, por suposto, á súa dramaturxia: Imundaçao, de Marta Freitas (nº 73); Morte súbita, de Ricardo Cabaça (nº 78); ou D´Abalada, de Jorge Palinhos (nº 90).

O FTMC, como imos presentando en cada un destes boletíns, acolle abundantes textos dramáticos e revistas en lingua portuguesa. Setepalcos, a revista que hoxe presentamos, dá conta da actualidade teatral nas Comunidades de Países de Língua Portuguesa como son Brasil, Moçambique, Angola, Cabo Verde, Guiné-Bissau, S. Tomé e Príncipe e, claro, Portugal.

Este número 4, especial dedicado ao Teatro Galego, vén sendo como unha carta de presentación da nosa escena para toda esa gran comunidade lusófona. Como escribe António Augusto Barros, o director da revista: “a reaproximaçao cultural será sempre para galegos e portugueses,independentemente das conjunturas políticas,um imperativo histórico e identitario e um impluso natural que devemos acelerar em todos os sentido culturais”.

Inma López Silva e Dolores Vilavedra foron quen coordinaron o número no que participaron 27 actores, actrices, directoras , investigadoras e compañías galegas. O Sumario da Abertura -artigo de presentación  asinado por Augusto Barros- inclúe, ademais, os apartados Historia e actualidade do teatro galego, onde se recollen, entre outros, temas sobre o sistema teatral galego, o CDG, a nova dramaturxia, o teatro amador ou os contadores de historias.

Engádese na revista o apartado de Poética –onde as compañías Áncora Produccións, Teatro do Atlántico, Chévere, Librescena, Matarile, Teatro do Morcego, Teatro do Noroeste e Sarabela Teatro escriben sobre o seu proxecto artístico- e un apartado final dedicado a Diccionario do teatro galego e Apêndice onomástico.

Back to Top
Ads Blocker Image Powered by Code Help Pro

Ad Blocker Detectado!!!

Parece que capaches a nosa publicidade... Os anuncios da nosa páxina permiten á erregueté manterse activa. Desactiva o Ad Blocker e refresca a páxina para poder desfrutar dos nosos contidos con normalidade.

close

Log In

Forgot password?

Forgot password?

Enter your account data and we will send you a link to reset your password.

Your password reset link appears to be invalid or expired.

Log in

Privacy Policy

To use social login you have to agree with the storage and handling of your data by this website. %privacy_policy%

Add to Collection

No Collections

Here you'll find all collections you've created before.