Formación de públicos

 

A formación de públicos constituiu sempre unha das principais preocupacións do programa da erregueté | Revista Galega de Teatro, que comezou facendo lecturas dramatiadas dos textos que publicaba. Coa intención de difundir a revista, mais tamén de achegar ao público o teatro que contén, con cada número organizouse , dende o principio, unha presentación acompañada dunha actividade determinada (obradoiros, coloquios, performances, lecturas dramatizadas…).

Ao longo dos anos, a erregueté multiplicou as accións neste eido, e nos últimos anos ten realizado en diferentes puntos de Galicia e Portugal intervencións de diversa índole, dentro dos cales se poden mencionar, entre outros:

  • o coloquio celebrado entre AveLina Pérez e María Armesto dentro do programa da XXXIV Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas;
  • os coloquios post-función e a performance realizada por AveLina Pérez celebrados durante a XXIX Mostra de Teatro Galego de Cariño;
  • o debate sobre o Teatro Galego Contemporáneo realizado no marco do XLI Festival Internacional de Teatro Ibérico do Porto;
  • os Coloquios entre público e escena realizados na XXXV Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

Deste xeito, a través da colaboración da Revista con festivais onde non son habituais certos tipos de teatro ou coa intención de afondar na recepción, ademais dos traballos escritos que se editan nos diferentes soportes da publicación, o seu equipo propicia a divulgación e o intercambio de experiencias en vivo, erixíndose como un axente mediador e formador no desexo de normalizar o teatro galego.

 

 

AveLinaCariño |
Momento da performance de AveLina Pérez organizada pola erregueté na Mostra de Teatro de Cariño de 2017.

 


Máis sobre a erregueté | Revista Galega de Teatro: