Dinamo Producións estrea ‘Eu queríame casare’ con Pedro Brandariz e Lucía Veiga

Mañá, sábado 3 de febreiro, ás 20:00, Dinamo producións estreará no Teatro da Beneficencia de Ortigueira, Eu queríame casare, unha comedia de Jose Prieto dirixida por Marita Martínez Arcay e protagonizada por Pedro Brandariz e Lucía Veiga.

Eu queríame casare é a historia televisada de dous auténticos perdedores que buscan a súa última oportunidade no amor. Antón e Lola están cerca dos corenta anos e están buscando unha relación máis… menos… unha relación á que poder agarrarse como cravo ardendo antes de pase o tren, pase o arroz e pase… o que teña que pasar.

Coñécense nun destes programas televisivos de “cita a cegas”, a cousa non funciona, pero Antón e Lola, Lola e Antón son de todo menos predecibles e pode acabar pasando calquera cousa. Poñanse no peor.

Unha comedia total que conectará con guiños ó público máis novo e ó máis maduro e que permitirá que moitas parellas falen do seu e amañen as súas diferenzas… ou todo o contrario

Deixar unha resposta